Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Baqueira Beret

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaBaqueira Beret
Imaxe
TipoEstación de esquí Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaNaut Aran, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°41′57″N 0°56′48″L / 42.6992, 0.9467
CordilleiraPireneos Editar o valor en Wikidata
Características
Altitudepunto máis baixo: 1.500 m
punto máis alto: 2.610 m Editar o valor en Wikidata
Superficieárea de esquí: 2.273 ha Editar o valor en Wikidata
Estación de esquí
Remonte36 (62.013 pers/h) Editar o valor en Wikidata
Tapete rolante=7  telecabina=1  telesquí=10  telecadeira=18  canón de neve=769 Editar o valor en Wikidata
Pista de esquí alpino111 (144 km) Editar o valor en Wikidata
  5  49  17  43 Editar o valor en Wikidata
Pista de esquí de fondo3 (5 km) Editar o valor en Wikidata

Páxina webbaqueira.es… Editar o valor en Wikidata

Baqueira Beret (en occitano aranés: Vaquèira-Beret) é unha estación de esquí situada no Val de Arán (Lleida), no Pireneo Catalán, España. A partir da creación da estación, orixinouse ao redor un núcleo urbano de nova formación, Vaquèira, con todo tipo de servizos (hoteis, apartamentos, farmacias...)

A estación está dividida en tres zonas: Vaquèira, Beret e La Bonaigua. As tres suman 110 km de pistas, sendo a estación con máis quilómetros esquiables de Cataluña e a terceira dos Pireneos (sendo Aramón, en Aragón, a primeira e Grand Valira, en Andorra, a segunda). Ten un dominio esquiable de 1 922 hectáreas, o máis grande dos Pireneos.

A estación foi fundada en 1964 por Jorge Jordana de Pozas e Luis Arias.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Está situada nas zonas máis elevadas das comarcas do Val de Arán (concello de Naut Aran) e do Pallars Sobirà (Vales de Àneu).

A orientación atlántica e de vertente norte da estación fai que dispoña durante toda a tempada de abundantes precipitacións e de baixas temperaturas que aseguran grandes espesores de neve.

Ademais dos servizos habituais (escola de esquí, alugueiro de material, restaurantes e cafeterías, atención médica etc.), dispón dunha importante oferta de aloxamento en hoteis e apartamentos, así como pista de xeo, piscina climatizada, tendas de deporte e comerzo en xeral, discoteca etc. A oferta gastronómica desta zona turística é unha mestura da tradición da cociña francesa coas especialidades locais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]