Bar, Ucraína
Бар (uk) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Ucraína | |||
Óblasts | Oblast de Vinnitsia | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 15.337 (2022) (2.577,65 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 5,95 km² | |||
Altitude | 362 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 1401 (Gregoriano) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 23000–23005 | |||
Fuso horario | ||||
Identificador KOATUU | 0520210100 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | bar-city.gov.ua | |||
Bar (Бар en ucraíno) é unha cidade de Ucraína, localízase na ribeira do río Rov na rexión histórica de Podolia. Ten 16 600 habitantes (2004).
A orixe da cidade foi un pequeno posto comercial chamado Row. No século XVI a raíña Bona Sforza fundou unha fortaleza nun outeiro sobre o río e denominouno Bar, como homenaxe á súa cidade natal, Bari en Italia. En 1540 o rei Sexismundo I deulle á cidade dereitos de cidade. En 1648 os cosacos capturaron a fortaleza, e como consecuencia Bar quedou deshabitada. En 1672 pasou a poder do Imperio Otomán ata 1674 no que o rei Xoán III reconquistouna despois de catro días de asedio.
O 29 de febreiro de 1768 fundouse na fortaleza a Confederación de Bar formada por nobres polacos que se opuñan ao expansionismo ruso e aos reformistas polacos. Logo da Primeira Partición de Polonia a cidade pasou a poder de Rusia, e dende 1991 a Ucraína.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de BarArquivado 16 de abril de 2016 en Wayback Machine. (en ucraíno)