Bartolomeu Dias
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. década de 1450 Algarve (Reino de Portugal) |
Morte | 29 de maio de 1500 (Gregoriano) (38/48 anos) Cabo de Boa Esperanza, Suráfrica, preto do lugar |
Actividade | |
Campo de traballo | Conquistadores casteláns |
Ocupación | explorador |
Familia | |
Irmáns | Pêro Dias Diogo Dias |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dictionary of African Biography, |
Bartolomeu Dias, nado cara ao ano 1450 e finado preto do Cabo de Boa Esperanza o 29 de maio de 1500, foi un navegante portugués. Non se coñecen os seus antepasados, pero as honras e armas a el outorgadas pasaron aos seus descendentes.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dise que era descendente de Dinis Dias escudeiro de Xoán I e como navegante descubriu Cabo Verde en 1445. Ignórase o seu lugar e data de nacemento, pero algúns historiadores afirman que naceu en Mirandela, Tras os Montes.
Na súa xuventude frecuentou as aulas de Matemáticas e Astronomía na Universidade de Lisboa, e serviu na fortaleza de São Jorge da Mina. Así, era quen tanto de determinar as coordenadas dun local, como de enfrontarse a tempestades e calmarias como as do golfo de Guinea.
En 1486, Xoán II confioulle o comando de dúas carabelas e unha naveta de mantementos co propósito público de ter noticias do Preste Xoán. Ao comando da carabela S. Pantaleão estaba Xoán Infante. O propósito non declarado da expedición sería investigar a verdadeira extensión cara ao sur das costas do continente africano, e avaliar a posibilidade dun camiño marítimo para a India. Pero antes diso, capitaneara un navío na expedición de Diogo de Azambuja ao golfo de Guinea.
Mariñeiro experimentado, o primeiro en chegar ao Cabo das Tormentas, como o batizou en 1488 (chamado así porque alí atopou grandes vendavais e tempestades), un dos máis importantes acontecementos da historia das navegacións. A expedición partira dende Lisboa en agosto de 1487. A bordo levaban dous homes e dúas mulleres de raza negra, capturadas por Diogo Cão na costa occidental africana. Ben alimentados e vestidos, foron deixados na costa oriental para que desen testemuña ás poboacións daquelas rexións da bondade e grandeza dos portugueses, e ao mesmo tempo recoller información sobre o reino de Preste Xoán.
En decembro alcanzou a costa da actual Namibia, o punto máis ao sur cartografado pola expedición de Diogo Cão. Continuando cara ao sur, descubriu primeiro a Angra dos Ilhéus, sendo apañado, por un violento temporal. Trece días despois, buscou a costa, atopando só o mar. Aproveitando os ventos chegados da Antártida que colen vigor no Atlántico Sur, navegando para nordeste, redescobrindo a costa, que aí xa tiña a orientación leste-oeste e norte (xa ao leste do cabo de Boa Esperanza, que foi renomeado polo rei portugués Xoán II, por asegurar a esperanza de chegar á India, para comprar as tan necesarias especias e outros artigos de luxo. Continuou cara ao leste, cartografou diversas baías da costa da actual Suráfrica (útiles no futuro como portos naturais), e chegou ata a baía de Algoa (800 km ao leste do cabo de Boa Esperanza).
Motín e volta a Lisboa
[editar | editar a fonte]No entanto, a tripulación amotinouse e obrigou ao capitán a volver a Portugal pola liña de costa cara ao oeste. No regreso, coa costa sempre visible, descubriu o cabo das Agullas, o punto máis ao sur do continente, e o cabo das Tormentas, actual cabo de Boa Esperanza, cuxa lonxitude contornara por mar aberto na viaxe de ida. Nesta viaxe de volta especificou patróns de pedra nos principais puntos descubertos: na actual False Island, a punta do cabo das Tormentas, entón descuberto, e o cabo da Volta, hoxe Diaz Point. Volveu a Lisboa en decembro de 1488.
Acompaña a construción de buques e acompaña a escuadra de Vasco da Gama, en 1499 como capitán dun dos buques que tiña como destino São Jorge da Mina. A expedición parte en 1497. En 1500, acompañou a Pedro Álvares Cabral na famosa viaxe que descubriu o Brasil. Cando a frota seguía para a India, o navío no que ía Bartolomeu Dias naufragou e o valente mariñeiro achou a morte xunto a súa descuberta máis famosa, o cabo de Boa Esperanza.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bartolomeu Dias |