Batalla de Messines
Batalla de Bassée | |
---|---|
Conflito: primeira guerra mundial,parte da carreira cara ao mar | |
Data:12 de outubro de ao 2 de novembro de 1914 | |
Lugar: Mesen, Francia | |
Resultado: Inconclusa. | |
Combatentes | |
Imperio Británico | Imperio Alemán |
Comandantes | |
Edmund Allenby | Rupprecht de Baviera |
Forzas en combate | |
Segunda brigada de cabalería, Terceira División Lahore | IV e VI Exército alemán |
Baixas | |
Descoñecidas | Descoñecidas |
Carreira cara ao mar (setembro-outubro de 1914) | Primeira batalla de Picardy – Batalla de Flirey – Batalla de Albert – Primeira batalla de Artois – Batalla de Bassée – Batalla de Messines – Batalla de Armentières – Batalla de Yser – Primeira batalla de Ypres – Primeira batalla de Champagne |
A batalla de Messines foi unha batalla da Primeira guerra mundial, que forma parte do conxunto de batallas da carreira cara ao mar, acontecidas entre setembro e novembro de 1914. Os combates producíronse entre o río Douve e a canle Ypres-Comines. No norte, a batalla enlaza cos combates da primeira batalla de Ypres e no sur cos combates da batalla de Armentières.
Os británicos, considerando que na zona non existían fortes posicións xermanas, enviaron a Cabalería, para protexer ao III Corpo que estaba loitando en Ypres. As tropas aliadas atacaron en Mont des Cates e Flêtre, tomando Mont des Cates, e forzando aos alemáns a evacuar as súas tropas en Armentières.
O 14 de outubro, o VI Exército alemán recibiu a orde de conter a ofensiva británica, mentres que o IV Exército atacaría dende Menin ata a costa francesa. As tropas de Cabalería británica, reforzadas por tropas indias, mantiveron a ofensiva ata finais de outubro. O 31 de outubro, as tropas alemás contraatacaron, no contexto de ofensiva xeral da primeira batalla de Ypres, forzando aos británicos a retirarse máis aló de Messines. As tropas francesas reforzaron a liña británica, e a pesar de perder o control sobre varias posicións, mantiveron a liña do fronte estable.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rickard, J (26 de agosto de 2007), Battle of Messines, 12 October-2 November 1914