Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Benigno Lameiro Bermúdez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBenigno Lameiro Bermúdez
Biografía
Nacementoc. 1911 Editar o valor en Wikidata
A Veiga, España Editar o valor en Wikidata
Mortedécada de 1960 Editar o valor en Wikidata (48/58 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de tráfico Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 9889

Benigno Lameiro Bermúdez, nado na Veiga cara a 1911 e finado en Buenos Aires nos anos sesenta, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Curmán de José Lameiro Bermúdez. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse con Clemente Vidal e o seu curmán, e cando a Garda Civil rodeou a súa casa para detelo en setembro, enfrontouse con eles e logrou fuxir. Pasou a Portugal, colleu un barco e chegou a Marsella e de alí pasouse ao exército republicano onde combateu na guerra civil. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en febreiro de 1937.[1] Ao rematar a guerra pasou a Francia e exiliouse en Chile. Despois instalouse na Arxentina. Finou en Buenos Aires nos anos sesenta, vítima dun accidente de tráfico.

  1. La Región, 6-2-1937, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]