Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Biafra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBiafra
Republic of Biafra (en) Editar o valor en Wikidata

HimnoLand of the Rising Sun (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 6°27′N 7°30′L / 6.45, 7.5
CapitalEnugu (pt) Traducir
Owerri (pt) Traducir
Umuahia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación13.500.000 Editar o valor en Wikidata (174,63 hab./km²)
Lingua oficialLingua ibo
lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Relixióncristianismo e Animismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie77.306 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1967 Editar o valor en Wikidata
Disolución1970 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor en Wikidata
MoedaBiafran pound (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Biafra foi o nome que tomou a rexión sueste da Nixeria ao proclamar a súa independencia o 30 de maio de 1967. A rexión foi novamente incorporada a Nixeria o 15 de xaneiro de 1970.

No intre da súa constitución, o estado biafreño ocupaba uns 76.400 km² e estaba habitado por uns 13 millóns de persoas, a metade deles pertencentes á etnia ibo (tamén coñecidos como igbos e iboleses). Recibiu o seu nome da baía de Biafra, que Nixeria renomeou posteriormente co nome de baía de Bonny.

En xaneiro de 1966 houbo un intento de golpe de Estado en Nixeria, comandado por oficiais de etnia ibo, que resultou cruento e breve. En maio e setembro do mesmo ano grupos de emigrantes ibos foron obxecto de matanzas en masa no norte de Nixeria. A maior parte dos 8 millóns de ibos de Nixeria vivían no que daquela se coñecía como Rexión Oriental de Nixeria, que tiña por gobernador militar ó tenente coronel Chukwuemeka Odumegwu Ojukwu, un ibo. Foi el quen declarou Estado independente á rexión, coa autorización dunha asemblea consultiva[1], localizando a capital en Enugu, mentres as súas tropas comezaron a confiscar recursos federais do Estado nixeriano, como os vehículos postais de circulación interna do país.

Biafra foi recoñecida por cinco países: Gabón, Haití, Costa do Marfil, Tanzania, e Zambia. Outras nacións mostraron apoio a Biafra sen recoñecela oficialmente. Así, Francia, Portugal, Rodesia e Suráfrica proveron asistencia militar e financeira. Israel subministrou a Biafra as armas capturadas na Guerra dos Seis Días. Porén, o apoio clandestino de Suráfrica (que practicaba o apartheid) e Portugal (que mantiña colonias no continente) disuadiu a máis Estados africanos, que doutro xeito poderían apoiar a causa biafreña.

Mapa de Biafra

Inicialmente Nixeria respondeu cun bloqueo económico, pero o 6 de xullo de 1967 comezou a levar tropas á zona. Tras algúns éxitos iniciais por parte do novo Estado, como a ocupación da rexión do oeste medio de Nixeria en xullo e agosto, as tropas federais nixerianas invadiron a zona e iniciaron unha guerra de exterminio na que levaron a iniciativa e reconquistaron progresivamente o territorio, mentres as biafreñas limitábanse a contraatacar. O avance nixeriano obrigou a que a capital biafreña fose transferida de Enugu, primeiro a Aba, cara a finais de ano a Umuahia e finalmente a Owerri en 1969.

Antes de 1970 Biafra quedara arrasada pola guerra e necesitaba alimentos urxentemente. En medio do afundimento económico e militar, Ojukwu fuxiu do país, e o resto do territorio da República foi reincorporado a Nixeria.

O conflito puido cobrar a vida de entre 800.000 e un millón de persoas (algunhas fontes falan dun millón e medio), a maioría delas vítimas da fame e das enfermidades. O feito de poder soster a guerra durante tres anos, dado o nivel de subdesenvolvemento de ámbolos dous contendentes, só foi posible mercede á internacionalización do conflito e á posterior intervención das grandes potencias mundiais en apoio dunha ou outra facción. A propia secesión foi alentada en gran medida por intereses estranxeiros en territorio biafreño, centrados na súa riqueza mineira, principalmente petróleo.

Miscelánea

[editar | editar a fonte]

O himno nacional de Biafra utilizaba a melodía do poema sinfónico de Jean Sibelius Finlandia.

Este conflito inspirou ó músico Jello Biafra, cantante dos Dead Kennedys, para a elección do seu nome artístico.

  1. Biafra na Encyclopædia Britannica

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]