Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Big Star

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Big Star
OrixeMemphis, Tennessee,
Período1971 - 1974
1993 - actualidade
Xénero(s)rock, powerpop
MembrosJon Auer
Jody Stephens
Ken Stringfellow
Antigos membrosAlex Chilton
Chris Bell
Andy Hummel
John Lightman
Na rede
http://bigstarband.com/
Facebook: BigStar Twitter: bigstarband Instagram: bigstarband Youtube: UCspn8FSwZg_ZUriWZg7EvTg Spotify: 3UvcmAOZt64oKpP95f6MMM iTunes: 2351764 Last fm: Big+Star Musicbrainz: 21d177ba-3d51-461e-9b3f-ad9a80b419dc Songkick: 266149 Discogs: 270582 Allmusic: mn0000051992 Deezer: 2411 Editar o valor en Wikidata

Big Star é unha banda estadounidense de rock formada en Memphis, Tennessee no ano 1971 por Alex Chilton, Chris Bell, Jody Stephens e Andy Hummel. O grupo separouse en 1974, pero reorganizouse cunha nova formación 20 anos despois, en 1993. Na súa primeira época o seu estilo estaba influenciado por grupos da British Invasion , como The Beatles e The Kinks, así como The Byrds, The Beach Boys e outras bandas estadounidenses, dando como resultado un powerpop ao que a banda lle deu temas escuros e nihilistas, que máis tarde se faría chamar rock alternativo. Antes da súa ruptura, Big Star creou, en palabras da revista Rolling Stone, "un corpo seminal de traballo que nunca deixou de inspirar ás xeracións posteriores", gañándose o recoñecemento décadas despois, segundo Allmusic, como a "quintaesencia do powerpop estadounidense" e "un dos grupos de culto máis míticos e influentes do rock & roll".

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O primeiro álbum de Big Star, #1 Record, foi editado en 1972 con críticas entusiastas, pero cunha campaña de mercadotecnia pouco efectiva por parte de Stax Records, o que cunha pobre distribución atrasou o seu éxito comercial. A frustración pasou factura ás relacións da banda e cando o segundo álbum, Radio City, estivo completado en xaneiro de 1974, tanto Bell como Hummel deixaron o grupo. Ao igual que #1 Record, Radio City tivo excelentes críticas, pero os problemas da discográfica frustrou as súas vendas. Despois de que un terceiro álbum fose considerado pouco comercial para o seu lanzamento e deixado de lado antes de recibir un nome, a banda separouse a finais do ano 1974. Catro anos despois, os dous primeios discos de Big Star foron re-editados xuntos como un álbum dobre. O terceiro traballo da banda foi finalmente lanzado pouco despois co título Third/Sister Lovers, e tivo un limitado éxito comercial. Pouco despois Bell morrería nun accidente de tráfico.

A discografía de Big Star gañou renovada atención nos anos 80 cando R.E.M. e outras populares bandas recoñeceron a súa influencia. En 1992, o aumento do interese fixo que Rykodisc reeditase os álbums da banda, complementándoos cunha colección dos traballos en solitario de Chris Bell. Noa no 1993 Chilton e Stephens reformaron Big Star recrutando a Jon Auer e Ken Stringfellow de The Posies, e deron un concerto na Universidade de Missouri. O grupo continuou en actividade, realizando xiras por Europa e o Xapón, e editando outro álbum de estudio en 2005, In Space. Chilton morreu o 17 de marzo do 2010, despois de entrar no hospital con problemas de corazón. Hummel, ao que se diagnosticou un cancro no 2008, morreu o 19 de xullo do 2010. Esas mortes deixaron a Stephens como único membro da formación orixinal.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
#1 Record 1972 Ardent/Stax
Radio City 1974 Ardent/Stax
Third/Sister Lovers 1978 PVC
In Space 2005 Rykodisc

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]