Bloomfield Stadium
Aparencia
Bloomfield Stadium אצטדיון בלומפילד | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 32°03′06″N 34°45′41″L / 32.05173, 34.76148 |
Localización | Tel Aviv, Israel |
Construción | |
Inauguración | 13 de outubro de 1962 |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Capacidade | 29.400 |
Propietario | Municipio de Tel Aviv |
Localía | Hapoel Tel Aviv (1962-presente) Maccabi Tel Aviv (1963-1966, 1969-1985, 1986-1987, 1995-1996, 2000-presente) Bnei Yehuda Tel Aviv (1962-1970, 2004-presente) |
Web | https://www.sportpalace.co.il/bloomfield/ |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Bloomfield Stadium (en hebreo: אצטדיון בלומפילד) é un campo de fútbol situado na cidade de Tel Aviv, no distrito de Tel Aviv, Israel. É a casa do Hapoel Tel Aviv, do Bnei Yehuda Tel Aviv e do Maccabi Tel Aviv.
Descrición
[editar | editar a fonte]O Bloomfield Stadium foi construído onde se atopaba o antigo estadio do Hapoel Tel Aviv dende 1950, o Basa Stadium. O estadio abriu oficialmente o 13 de decembro de 1962 cun partido amigábel entre o Hapoel Tel Aviv e o Sportclub Enschede neerlandés. No ano 2000, o Maccabi Tel Aviv, rival do Hapoel, trasladouse tamén ó Bloomfield Stadium. En 2004, o Bnei Yehuda Tel Aviv trasladouse tamén ó Bloomfield, facendo deste o único estadio nas tres divisións superiores de fútbol de Israel en ter tres ocupantes.