Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Boedromias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Boedromias (en grego antigo Βοηδρόμια) son unhas festas celebradas en Atenas o 7 de boedromion en honra de Apolo Boédromo, Este nome, co que este deus era chamado en Beocia e outros lugares de Grecia, parece indicar que mediante esta festa o honraban como deus marcial, que mediante a súa presenza real ou a través de oráculos prestaba axuda fronte aos perigos da guerra.[1][2]

Con todo, a orixe da festa é atribuído por diferentes autores a varios sucesos da historia grega. Plutarco[3] di que Teseo, na súa guerra contra as amazonas, non batallou ata que ofreceu un sacrificio a Fobos e que, en conmemoración da exitosa batalla que tivo lugar no mes de boedromion, os atenienses seguiron celebrando as Boedromias até a súa época. Segundo a Suda, as Etimoloxías e Eurípides[4] a festa debía o seu nome e orixe á circunstancia de que durante o reinado de Erecteo os atenienses foron atacados por Eumolpo, Xuto ou (segundo Filócoro en Harpocración, s. v.) o seu fillo Ion acudiron na Suídas axuda e propiciaron a súa vitoria.

Sobre os detalles desta festa só se sabe que se ofrecían sacrificios a Artemisa.[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  1. Müller, K. O. (1824). Die Dorier. Bresláu: Max. pp. ii.8.5. OCLC 27699812. 
  2. Pausanias ix.17.1; Calímaco, Himno a Apolo 69.
  3. Plutarco, Teseo 27.
  4. Eurípides, Ion 59.
  5. Citado en Spanheim, E. (1697). "Apollo". Callimachi hymnos observationes. Ultrajecti: apud F. Halmam. p. 69. OCLC 17570451. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]