Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Brabante do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBrabante do Norte
Noord-Brabant (nl) Editar o valor en Wikidata

EpónimoDucado de Brabante Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 51°38′N 5°06′L / 51.63, 5.1
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos Editar o valor en Wikidata
Capital's-Hertogenbosch Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
's-Hertogenbosch (en) Traducir
Aalburg (pt) Traducir (–2019)
Alphen-Chaam (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 73+
Poboación
Poboación2.256.848 (2015) Editar o valor en Wikidata (458,8 hab./km²)
Xeografía
Superficie4.919 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1815 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Comisario Editar o valor en WikidataWim van de Donk (2009–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2NL-NB Editar o valor en Wikidata
Código NUTSNL41 Editar o valor en Wikidata

Páxina webbrabant.nl Editar o valor en Wikidata
Facebook: provincienoordbrabant Twitter: Brabant Instagram: provincienoordbrabant LinkedIn: provincie-noord-brabant Youtube: UCl2L6-YWS2fpXr9y2oXFdtA Pinterest: noordbrabant BNE: XX450985 Editar o valor en Wikidata

Brabante do Norte[1][2] (en neerlandés, Noord-Brabant) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais provincias, está gobernada por un comisionado ou comisario designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. A capital é Den Bosch ('s-Hertogenbosch) e as cidades máis grandes son Eindhoven, Tilburg e Breda, as dúas cunha poboación de ao redor de 200.000 habitantes. Limita coas provincias de Zelandia, Holanda Meridional, Güeldres e Limburgo e as provincias belgas de Anveres e Limburgo.

A provincia actual foi unha parte do ducado de Brabante, unha das Dezasete Provincias que será integrada en 1549 aos Países Baixos españois e dende 1713 austríacos. A república das Sete Provincias Unidas ocupou a parte setentrional que se converteu nunha terra da Xeneralidade, que só en 1815 se convertería na Provincia do Brabante do Norte ou Setentrional, cos mesmos dereitos cas provincias orixinais da República.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
San Xoán en Den Bosch

Como a maior parte dos Países Baixos, Brabante do Norte é chairo de xeito predominante, mais practicamente toda a provincia está por riba do nivel do mar, polo tanto non hai tantas canles como noutras partes baixas do país. Aínda que a maioría da poboación vive en zonas urbanas, a provincia está salpicada de aldeas, sendo a maioría da terra cultivada. En canto a paraxes naturais podemos atopar tanto fragas, coma páramos ou incluso zonas de dunas.

A provincia está rodeada polo río Mosa ao norte. O seu delta flúe a través do Biesbosch, un parque nacional.

Economía

[editar | editar a fonte]
Grotestraat en Waalwijk

O emprego atópase fundamentalmente na agricultura, a industria e sector servizos. Os principais produtos agrícolas son o trigo e a[remolacha, mentres que as vaca e os porco son como principais animais de gando. O principais industrias son de produción de automóbiles, electrónica (ambas principalmente en Eindhoven), téxtiles e zapatos.

No século XX, o turismo converteuse nun importante sector para o Brabante do Norte, os seus bosques e o seu ambiente tranquilo combinado coa beleza dalgunhas das cidades son a chave do seu éxito. Outro grande atractivo turístico e o parque temático de Efteling de Kaatsheuvel, o maior dos países do Benelux.

O consello provincial (Provinciale Staten) ten 79 escanos, e está presidido polo Comisario da Raíña, actualmente Hanja Maij-Weggen. Mentres que o consello provincial é elixido polos habitantes, o Comisionado é nomeado pola Raíña e o gabinete dos Países Baixos. Con 28 escanos, a Chamada Demócrata Cristiá (CDA) é o partido máis grande no consello.

Os asuntos cotiáns da provincia son atendidos polo Gedeputeerde Staten, que tamén encabezado polo Comisionado; os seus membros (gedeputeerden) pódense comparar cos ministros.

Divisións administrativas

[editar | editar a fonte]
St. Janskerk en Waalwijk

Brabante do Norte está actualmente dividido en sesenta e catro municipalidades. Tradicionalmente, a meirande parte das cidades foron un concello independente, mais o seu número reduciuse enormemente na década de 1990, mediante a incorporación das cidades máis pequenas nas cidades veciñas o por fusión. Os concellos de Brabante do Norte son:

Notas e referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Brabante é o nome da rexión histórica, hoxe dividida entre os Países Baixos e Bélxica. Ver entrada de «Oss». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1530. ISBN 9788482893600. 
  2. Eduardo Pardo de Guevara (2007). "O escudo de Galicia. Orixe, significacións e evolución.". En Consello da Cultura Galega, Real Academia Galega. Os símbolos de Galicia (PDF). Santiago de Compostela e A Coruña. p. 38. ISBN 978-84-96530-46-1. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]