Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Bragueta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos I de España loce unha bragueta neste retrato creado por Tiziano, 1532-1533.

A bragueta é unha vestimenta masculina que se usaba nos séculos XV e XVI para cubrir os órganos xenitais. Por extensión, bragueta[1] ou petrina[2] úsase para a abertura diante dos calzóns ou pantalóns, que se adoita pecharse con cremalleira ou con botóns.

Nos séculos XV e XVI, a bragueta apareceu por razóns de pudor: Os homes vestían calzas moi axustadas que viñan abertas na entreperna, de maneira que o órganos xenitais quedaban cubertos soamente polo xibón. Cando a moda cambiou e os homes empezaron a usar xubóns máis curtos, apareceu a bragueta.

Algunhas armaduras do século XVI inclúen braguetas metálicas.

En España

[editar | editar a fonte]

O rei Carlos I mostra o uso da bragueta nunha pintura moi famosa creada por Tiziano: o Retrato de Carlos V co can (Museo do Prado).

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bragueta.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para petrina.