Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Buganvílea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Buganvíleas (xénero Bougainvillea)

Bougainvillea spectabilis
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Caryophyllales
Familia: Nyctaginaceae
Tribo: Bougainvilleeae
Xénero: Bougainvillea
Comm. ex Juss.
Especies

As buganvíleas[2] son plantas rubideiras pertencentes ao xénero Bougainvillea. Ten 17 especies aceptadas das 35 descritas.[1] Son moi comúns coma rubideiras ornamentais en Galiza, normalmente abeiradas á casa ou gateando por muros ou pérgolas.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son rubideiras espiñentas de porte arbustivo que miden de 1 até 12 m de altura, e que medran en calquera terreo. Ruben por outras plantas usando as súas afiadas pugas que teñen a punta cuberta dunha substancia cerosa negra. Son plantas sempreverdes nas zonas chuviosas todo o ano, ou ben caducifolias nas de estación seca. As follas son alternas, simples e de forma oval-acuminada de 4–12 cm de longo e 2-6 de largo. As flores, hermafroditas, son axilares, conspicuas, tubulares, con 5-6 lóbulos curtos, xeralmente brancas, organizadas en grupos de 3, cada unha insertada nunha bráctea persistente de aspecto papiráceo e habitualmente vivamente coloreada de branco, amarelo, rosado, purpúreo, vermello, alaranxado... O número de estames varía de 5 a 10; con filamentos curtos e soldados na base. O ovario é fusiforme, glabro ou pubescente, con estilo lateral curto. O froito é un aquenio pentámero estreito, fusiforme ou cilíndrico.[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Bougainvillea: nome xenérico que foi creado por Philibert Commerson (1727-1773) en honra a Louis Antoine de Bougainville (1729-1811), o mariñeiro e explorador francés que trouxo por vez primeira a planta a Europa dende o Brasil, e de quen era o botánico que o acompañou na súa expedición arredor do mundo de 1766 a 1769. A súa publicación foi obra de Antoine Laurent de Jussieu no seu Genera Plantarum (Jussieu), 91, en 1789.[4][5]

A especie tipo é: Bougainvillea spectabilis Willd..

  1. 1,0 1,1 "Bougainvillea en The Plant List". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2013. Consultado o 18 de febreiro de 2013. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 18 de febreiro de 2013. 
  3. Flora of Pakistan
  4. En Nomes Botánicos
  5. "Buganvílea". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 12 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]