Bullying
Bullying é un termo de orixe inglesa utilizado para describir actos de violencia física ou psicolóxica, intencionais e repetidos, practicados por un individuo (bully) ou grupo de individuos co obxectivo de intimidar ou agredir outro individuo (ou grupo de individuos).[1]
Características do bullying
[editar | editar a fonte]O científico noruegués Dan Owelus define bullying como un comportamento que inclúe tres aspectos esenciais[2]:
- É un comportamento agresivo que implica accións negativas e non desexadas.
- Implica tamén un patrón de conduta repetitivo.[3]
- Supón un desequilibrio de poder entre as partes involucradas.
O bullying, segundo Owelus, divídese en dúas categorías:
- bullying directo ( en forma de ataques físicos e verbais )[4]
- bullying indirecto, tamén coñecido como agresión social,[5] ou "acoso centrado nas relacións sociais a través da exclusión deliberada ou do aillamento"[4]
Diferenza entre bullying e mobbing
[editar | editar a fonte]Aínda que sexan termos semellantes, no bullying sempre está presente a violencia física, mentres que no mobbing as estratexias que utilizan os acosadores ou mobbers sempre son máis psicolóxicas e sutís, pois a intención é non deixar rastro ou pegada do acoso, para facer notar ao acosado ou mobbed como un traballador incompetente, conflitivo ou problemático.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ José Mª Torras Coll - Magistrado, Audiencia Provincial de Barcelona. (24-5-2017). "El delito de stalking. Breves consideraciones". Lefebvre - El Derecho (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20-03-2018. Consultado o 20-3-2018.
- ↑ "Education". UNESCO (en inglés). Consultado o 20 marzo 2018.
- ↑ Consello Xeral do Poder Xudicial (9-5-2017). "El Tribunal Supremo establece que el delito de ‘stalking’ requiere continuidad en el tiempo y alterar los hábitos de la víctima". Poder Judicial: CGPJ (en castelán). Consultado o 20-3-2018.
- ↑ 4,0 4,1 Río Pérez, Jorge del; Sádaba Chalezquer, Charo; Bringué Sala, Xavier (marzo 2010). "Menores y redes ¿sociales?: de la amistad al cyberbullying". Revista de estudios de juventud (en castelán) (88): 116. ISSN 0211-4364.
- ↑ Maiuro, Ph.D., Dr. Roland D. (2015). Perspectives on Bullying: Research on Childhood, Workplace, and Cyberbullying (en inglés). Springer Publishing Company. p. 250. ISBN 9780826194633.