Células HUVEC
As células HUVEC (do inglés human umbilical vein endothelial cells ou células endoteliais de vea umbilical humana) son células derivadas do endotelio de veas do cordón umbilical humano. Son utilizadas como sistema modelo para o estudo da función e patoloxía de células endoteliais (por exemplo, a anxioxénese).[1] A conveniencia do seu uso débese ao seu baixo custo e as técnicas simples que se poden aplicar para illalas do cordón umbilical, o cal normalmente é cortado despois do parto. As HUVECs foron illadas e cultivadas in vitro por primeira vez na década de 1970 por Jaffe e outros.[2] É doado facer que as células HUVEC proliferen en instalacións de laboratorio. Igual que as células endoteliais de arteria umbilical humana mostran un fenotipo pavimentoso cando cobren o interior das paredes dos vasos sanguíneos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Park HJ, Zhang Y, Georgescu SP, Johnson KL, Kong D, Galper JB (2006). "Human umbilical vein endothelial cells and human dermal microvascular endothelial cells offer new insights into the relationship between lipid metabolism and angiogenesis". Stem Cell Rev 2 (2): 93–102. PMID 17237547. doi:10.1007/s12015-006-0015-x.
- ↑ Jiménez, N., Krouwer, V. & Post, J. A new, rapid and reproducible method to obtain high quality endothelium in vitro. Cytotechnology 65, 1-14 (2012).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Human umbilical vein endothelial cells Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
- Understanding the Vasculature with the Help of HUVECs
- Primary Umbilical Vein Endothelial Cells (Normal, Human) en ATCC