CAU Madrid
Nome | CAU Madrid Rugby Club | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1961 "CAU" | ||
Sede | Madrid | ||
Estadio(s) | Campo de Rugby de Orcasitas | ||
Capacidade | 200 espectadores | ||
Presidente | José Luis Ballvé | ||
Liga(s) | 1a Rexional | ||
2023-24 | 4º | ||
| |||
Na rede | |||
https://www.caumadridrugby.com/es |
O CAU Madrid é unha entidade deportiva de Madrid adicada ó rugby, que foi fundada no ano 1961.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado no Nadal do ano 1961 por estudantes do Colexio Alamán de Madrid, co nome de Club Atlético Universitario. Nos primeiros anos da entidade, o equipo militou nas categorías rexionais de Madrid, medrando pouco a pouco. A finais dos anos 60 acada os seus primeiros títulos, en categorías inferiores e rexionais. Cando se crea a Liga Española de rugby en 1970, o CAU Madrid foi un dos equipos integrantes no torneo, acadando a 4ª posición final. Na tempada seguinte, a 1970/71, o equipo sofre o primeiro descenso de categoría da súa existencia, ó rematar 8º no campionato de liga. Non obstante, a ausencia do CAU Madrid na máxima categoría so durou un ano.
O Sindicato Español Universitario (SEU) que apoiaba á entidade desapareceu en 1971, e o CAU trocou o seu nome polo de Club Atlético Uros para manter as súas siglas. A partir da tempada 1972/73 o equipo viviu a época de maior éxito deportivo. En 1977 o CAU Madrid acada o subcampionato de liga e a súa primeira Copa do Rei. En 1978 repite éxito na Copa, e nos anos 1979 e 1980 acada o campionato nacional de Liga.
Despois dunha mala actuación na tempada 1981/82, o equipo descende a Primeira División Nacional, que por aquel entón era o segundo nivel competitivo no rugby español. En 1983 ascende ó primeiro intento, pero tan só bota 3 anos na División de Honra. Tralo descenso na tempada 1985/86 a Primeira Nacional, o CAU Madrid non volveu nunca á máxima categoría do rugby en España.
Dende mediados dos 80 ata o ano 2002 o CAU Madrid se mantivo a maioría dos anos en Primeira Nacional, con algún descenso a categorías rexionais, pero non acadou o desexado ascenso a División de Honra, nin tan siquiera á acabada de crear División de Honra B. Así pois, en 2002 a directiva da entidade tomou a decisión de deixar a loita, centrarse tan só nas seccións de veteranos e competir en categorías de afeccionados.
Recentemente, o CAU Madrid xuntou as súas forzas coas dun novo proxecto chamado Club de Rugby Universitario Metropolitano, nado en 2002. A fusión levouse a cabo na tempada 2008/09, e a entidade resultante chámase CAU Metropolitano Rugby Club. O equipo competía na Primeira División Madrileña. Na tempada 2010/11 rematou no primeiro posto na Liga Madrileña e acadou o ascenso a categorías nacionais. Tan só dous anos despois acadou un novo ascenso, de xeito que na actualidade compite no segundo nivel do rugby español.
- Posicións do CAU Madrid en competicións nacionais dende o ano da súa fundación
Categoría | 2014 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 | 74 | 73 | 72 | 71 | 70 | 69 | 68 | 67 | 66 | 65 | 64 | 63 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Div.Honra | 9 | 8 | 3 | x | x | 1 | 1 | 3 | 2 | 3 | 3 | 5 | 7 | 8 | 4 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Div.HonraB | ? | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1ªNacional | 2 | 3 | 8 | 4 | 3 | 10 | 6 | 6 | 6 | 8 | 6 | 7 | 5 | 1 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Copa | 2 | 2 | 1 | 1 | 2 |
A División de Honra non se disputou entre 1954 e 1970. En 1979 o título foi compartido con outros 3 equipos.
A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.
A Primeira División Nacional existe dende a tempada 1972-73. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 é o 3º.