CDU Granada
Fundación | 1969 |
---|---|
Na rede | |
https://deportes.ugr.es/clubdeportivo/ |
O Club Deportivo Universidad de Granada é unha entidade polideportiva vencellada á Universidade de Granada con seccións de rugby masculino e feminino, de voleibol masculino e feminino, de balonmán feminino e de natación. Entre as súas instalacións conta cun campo de rugby e un pavillón no Campus Universitario de Fuentenueva, e cun pavillón no Campus Universitario de Cartuja.
Balonmán
[editar | editar a fonte]A sección feminina de balonmán do CDU compite na segunda división nacional, a División de Honra Prata.
Natación
[editar | editar a fonte]A sección de natación do CDU Granada naceu en 1996 e ó pouco tempo uniuse coa Asociación Cultural y Deportiva Estrella de las Nieves, dando como resultado o Club Deportivo Estrella de las Nieves.[1] Coas instalacións da universidade e uns 100 deportistas é un dos clubs de natación de referencia en Andalucía.
Rugby
[editar | editar a fonte]A sección de rugby do CDU Granada naceu en 1969 e ten competido na máxima categoría a nivel nacional durante cinco tempadas: 1978/79, 1979/80, 1980/81, 1998/99 e 1999/00. Así e todo, a maioría da súa historia ten competido na segunda categoría do rugby español. Na tempada 2015/16 o equipo sénior masculino descendeu a categorías rexionais, de xeito que en 2016/17 tanto a sección masculina como a feminina participarán na primeira división andaluza. O CDU Granada Rugby xoga os seus encontros como local no Campo de rugby de Fuentenueva, sito no centro da cidade, a carón da estación de ferrocarril de Granada. O campo carece de bancadas agás nun dos fondos.
Voleibol
[editar | editar a fonte]As seccións masculina e feminina de voleibol do CDU Granada estiveron situadas nas primeiras categorías a nivel nacional nos últimos anos. O equipo feminino xogou na Superliga entre 1994/95 e 2005/06 acadando dous subcampionatos de liga (1998 e 2001) e tres terceiros postos. O equipo masculino tamén xogou na Superliga até 2008, ano no cal a universidade tomou a decisión de renunciar a todo tipo de profesionalismo dentro do club, apostando por un modelo formativo.[2] Malia iso, a sección feminina compite no grupo B da Superliga 2, e dicir, na segunda división do voleibol feminino nacional.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Web do CDU Granada Natación (en castelán)
- ↑ Lodeiro desmantela el Club Deportivo Universidad, artigo en Granada Hoy. (en castelán)