Central Unitaria de Traballadores
Aparencia
(Redirección desde «CUT»)
Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) | |
---|---|
Sindicato de Galiza | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Ricardo Castro |
Mocidades | CUT Mocidade |
Filiación internacional | Federación Sindical Mundial |
Historia | |
Fundación | 1998 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Marxismo Nacionalismo galego Anticapitalismo |
Outros datos | |
Publicación | O Xornal |
Na rede | |
http://www.cutgaliza.org | |
A Central Unitaria de Traballadores/as, CUT, é un sindicato galego creado o 4 de decembro de 1998. O Congreso fundacional celebrouse en Vigo o 19 de abril de 1999. Defínese como un sindicato de clase, que ten como obxectivo a defensa dos intereses de clase de todos os traballadores e traballadoras de Galicia. Conta con locais en Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Ribeira, Ourense e Cangas.
O seu primeiro secretario xeral foi Manolo Camaño, elixido en 1999.