Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Galiza Nova

Esta páxina está semiprotexida
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galiza Nova
Organización xuvenil de Galiza
Dirixentes e organización
LíderMarta Gómez Martín
Historia
Fundación1988
Posicións políticas
IdeoloxíaAnticapitalismo
Nacionalismo galego
Comunismo
Feminismo
Ecoloxismo
Independentismo galego
Outros datos
SedeSantiago de Compostela
Na rede
galizanova.gal/
Facebook: galizanova Twitter: galizanova Instagram: galizanova Telegram: galizanova Youtube: UClKKqAUoPpEPJFDdbEFu__g TikTok: galizanova Flickr: 43515365@N04 Editar o valor en Wikidata

Galiza Nova é a organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego, fundada no ano 1988.

Historia

Logo de Galiza Nova até 2024.

Galiza Nova é a organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego (BNG) que ten como función básica a organización e a mobilización da mocidade de cara a acadar a liberación nacional de Galiza e a transformación da sociedade actual. Trátase dunha organización ampla, plural e democrática que adopta as súas decisións tras un amplo proceso de debate aberto a toda a militancia. O seu funcionamento baséase no asemblearismo, estruturándose en agrupacións locais e comarcais. O máximo órgano é a Asemblea Nacional que se celebra cada dous anos, e á que ten dereito a asistir toda a afiliación.

Aínda que estatutariamente era unha organización independente, axiña comezou a funcionar como organización xuvenil do BNG, ata que na II Asemblea (Compostela, 1990) aprobouse o ingreso no BNG. Isto levou a parte dos seus membros a cargos institucionais e a unha estrutura idéntica á do BNG do momento e que segue sen variar ata o día de hoxe.

Definen como obxectivos políticos a "liberación nacional e a transformación da sociedade (sen explotación nacional, de clase ou xénero e desmilitarizada)", reivindican unha Galiza plenamente soberana como culminación do proceso de autodeterminación nacional. Aspiran a unha sociedade cualitativamente distinta, que supere as inxustizas da actual e onde a igualdade e a democracia sexan reais, así como garantir unha mellora nas condicións de vida e benestar social para a mocidade e para o conxunto dos galegos e galegas. Tamén defenden que as relacións entre as diferentes nacións do mundo se fundamenten na igualdade e solidariedade internacionalista.

Estrutura interna

Galiza Nova é unha organización asemblearista estruturada en agrupacións locais e comarcais. O órgano máximo é a Asemblea Nacional, da que forman parte todas e todos os militantes e que escolle a metade da Dirección Nacional, de dirección entre Asembleas. A outra metade está formada por un representante de cada comarca. A máxima representación da organización osténtaa a Secretaria ou Secretario Xeral.

Correntes

En Galiza Nova existen principalmente dúas correntes (os estatutos non recoñecen a existencia de organizacións):

Secretaría xeral

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas