Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Cable

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabo ou cable de pares trenzado

O cable ou cabo[1] é un elemento físico coa misión de conducir ou guiar enerxía. Trátase normalmente dun elemento cilíndrico recuberto por unha cuberta plástica ou doutro material, cun núcleo por onde circula a enerxía. Esta poderá ser eléctrica ou luminosa.

Cables eléctricos

[editar | editar a fonte]

A súa misión é conducir electricidade, xa sexa coa intención de alimentar dispositivos eléctricos ou establecer unha comunicación entre terminais ou outros dispositivos.

  • Cable sinxelo: A súa utilidade é conducir electricidade eléctrica ata un aparello (unha radio, lámpada...) para facilitar o seu funcionamento
  • Par trenzado: Composto por dous cable cunha disposición de rizo. Usado para as telecomunicacións. Poderá ter unha cuberta exterior (STP) para evitalas interferencias externas, aínda que o normal é que careza desta pantalla (UDP). Este tipo caracterízase polas súas vantaxes en pequenas distancias e o seu baixo custo.
Conectores coaxiais.
Esquema da liña de transmisión coaxial.
  • Coaxial: Dispón dun núcleo de cobre recuberto por un illante. Este, á súa vez, está rodeado por unha maia de cobre. Por último, o cable conta cunha capa plástica protectora. O seu uso nas telecomunicacións quedou atrás, debido á súa rixidez e dificultade para "mordelo" (facer unha derivación, por exemplo para a conexión dun ordenador a un bus). É máis sensible ás interferencias electromagnéticas co par trenzado, e máis caro.
A: cuberta exterior. B: Malla de cobre ou aluminio. C: Illante. D: Condutor
  • Outros: No mercado teremos infinidade de tipos, destinados para diferentes usos. Dende os máis bastos para a transmisión de electricidade a un aparello, ata os máis refinados (cunha atenuación e distorsión mínima) para transmitir por exemplo, son. Tamén variará as cubertas utilizadas, xa que non é o mesmo un cable dunha casa, que un subterráneo ou subacuático.

Fibras ópticas

[editar | editar a fonte]
Fibra óptica.

O uso deste tipo de cables está cada día máis estendido. Trátase dun elemento que transporta sinais luminosas polo seu núcleo, o que o fai ideal para as comunicacións, coa única desvantaxe de que os impulsos eléctricos (usados polos dispositivos, terminais, ordenadores...) deberán ser traducidos, na emisión e recepción, por sinais luminosas. As súas vantaxes son:

  • Abundante materia prima para a súa fabricación
  • Non sufrirá interferencias electromagnéticas
  • Alta velocidade
  • Pouca atenuación
  • Enorme ancho de banda
  • Pouco peso
  • Ofrece dificultades para intervir unha comunicación

Notas

  1. "cable, cabo". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2023-10-12. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]