Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Cahiers du cinéma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cahiers du Cinéma»)

Cahiers du cinéma
Tipoinformación sobre cinema
Fundación1951
DirectorStéphane Delorme
FundadorAndré Bazin
Jacques Doniol-Valcroze
Joseph-Marie Lo Duca
Léonide Keigel
EditorialPhaidon Press
Linguafrancés
ÁmbitoFrancia
Periodicidademensual
Prezo5,90€
ISSN0008-011X
Na rede
http://www.cahiersducinema.com
IMDB: ev0009300 Twitter: cahierscinema Dialnet: 13625 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Cahiers du cinéma (en galego Cadernos sobre cinema) é unha revista francesa sobre cinema fundada en 1951 por André Bazin, Jacques Doniol-Valcroze e Joseph-Marie Lo Duca.[1][2] Desenvolveuse a partir da revista Revue du Cinéma incluíndo membros de dous cineclubs parisienses, Objectif 49 (Robert Bresson, Jean Cocteau e Alexandre Astruc, entre outros) e Ciné-Club du Quartier Latin. Inicialmente o editor foi Éric Rohmer e entre os colaboradores estaban Jacques Rivette, Jean-Luc Godard, Claude Chabrol e François Truffaut.[1]

Cahiers reinventou os principios básicos da crítica e da teoría cinematográfica. Un artigo de 1954 de Truffaut arremetendo contra La qualité française ("a calidade francesa") foi considerado o manifesto por 'la politique des Auteurs' ('a política dos autores')[2] e resultou na nova avaliación do cinema de Hollywood e de directores como Alfred Hitchcock, Howard Hawks, Robert Aldrich, Nicholas Ray e Fritz Lang. Os escritores de Cahiers du Cinéma tamén admiraban a obra de Jean Renoir, Roberto Rossellini, Kenji Mizoguchi, Max Ophüls e Jean Cocteau, centrando as súas críticas na posta en escena dos filmes. Ademais, os autores eran comparados e contrastados, establecendo un auténtico diálogo cinematográfico. A revista tamén foi fundamental na creación da Nouvelle Vague, na que destacaron os filmes dirixidos por colaboradores de Cahiers como Godard e Truffaut.

En 1963 Jacques Rivette susbtituíu a Rohmer como editor, cambiando as preocupacións políticas e sociais e prestando máis atención as cinematografías non estadounidenses. Cara 1970 o estilo cambiou do modernismo a radicalismo e o materialismo dialéctico. A mediados da década de 1970 a revista seguía unha liña editorial maoísta, pero a crítica ao filme Tiburón supuxo o regreso a perspectivas máis comerciais, rehabilitando tamén algúns dos antigos favoritos Cahiers e descubrindo autores como Manoel de Oliveira, Raoul Ruiz, Hou Hsiao-Hsien, Youssef Chahine e Maurice Pialat.

En 1998 Editions de l'Etoile, editora de Cahiers foi adquirida polo grupo Le Monde.[3] Para evitar a tradicional perda de cartos a revista intentou un cambio de imaxe en 1999 para gañar novos lectores, tratando todas as artes visuais. Esta nova versión con artigos sobre telerrealidade ou videoxogos trouxo confusión e malas críticas dos lectores tradicionais.[1][2]

Le Monde tomo control total en 2003, con Jean-Michel Frodon como director. En 2009 Richard Schlagman, de Phaidon Press, grupo especializado en libros sobre artes visuais, comprou Cahiers.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Itzkoff, Dave (9 de febreiro de 2009). The New York Times, ed. "Cahiers Du Cinéma Will Continue to Publish". 
  2. 2,0 2,1 2,2 Macnab, Geoffrey (7 de abril de 2001). The Guardian, ed. "Pretentious, nous?". 
  3. Dowell, Ben (10 de febreiro de 2009). The Guardian, ed. "Le Monde sells influential cinema magazine Cahiers du Cinéma". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bickerton, E. (2009). Verso, ed. A Short History of Cahiers du Cinéma. Londres. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]