Éric Rohmer
Maurice Henri Joseph Schérer ou Jean Marie Maurice Schérer,[1] nado en Tulle (Corrèze) o 4 de abril de 1923 e finado en París o 11 de xaneiro de 2010 foi un director de cinema francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Creou o seu pseudónimo coa combinación dos nome do director Erich von Stroheim e do escritor Sax Rohmer, creador da serie de Fu Manchu. Estudou literatura, filosofía e teoloxía e acadou un grao avanzado en historia, comezando a súa vida profesional como profesor.
A mediados da década de 1940 marchou a París, onde traballou como xornalista. En 1949 comezou a asistir á Cinémathèque Française, e alí coñeceu aos seus amigos Jean-Luc Godard, François Truffaut, Claude Chabrol e Jacques Rivette. Aínda que Rohmer nunca estivera interesado no cinema converteuse en crítico de filmes. Tras pasar por varias revistas, en 1951 entrou en Cahiers du Cinéma, da que chegaría a ser editor.
Tras dirixir algunhas curtametraxes, debutou como director con Le signe du lion en 1959. A súa carreira tomou pulo coa súa serie Seis contos morais, que contan a mesma historia inspirada no filme de F. W. Murnau Sunrise: un home casado é tentado por unha segunda muller, pero finalmente volve á primeira. O cuarto deles, A miña noite con Maud foi o primeiro éxito comercial de Rohmer.
En 1980 comezou unha nova serie de filmes, "Comedias e proverbios", baseados en refráns. A súa última serie foron os Contos das catro estacións.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- 1959 Le Signe du lion
- 1967 A coleccionista
- 1969 A miña noite con Maud
- 1970 O xeonllo de Claire
- 1972 L'Amour l'après-midi
- 1976 La Marquise d'O...
- 1978 Perceval le Gallois
- 1981 La Femme de l'aviateur
- 1982 Le Beau mariage
- 1983 Pauline na praia
- 1984 Les Nuits de la pleine lune
- 1986 Le Rayon Vert
- 1987 L'Ami de mon amie
- 1987 Le trio en si bémol
- 1987 4 aventures de Reinette et Mirabelle
- 1990 Conte de printemps
- 1992 Conte d'hiver
- 1993 L'Arbre, le maire et la médiathèque
- 1995 Les Rendez-vous de Paris
- 1996 Conte d'été
- 1998 Conte d'automne
- 2000 L'Anglaise et le Duc
- 2004 Triple agent
- 2007 O romance de Astrea e Celadón
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A obsesión de Rohmer pola súa vida privada fixo que dese diferentes nomes. Tamén aparecen noutras fontes datas de nacemento coma o 21 de marzo de 1920, o 1 de decembro de 1920 e o 4 de abril de 1923.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Montero, José Francisco; Paredes, Israel (2011). Shangrila Ediciones, ed. Imágenes de la Revolución. La inglesa y el duque/La commune (París, 1871). Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2014. Consultado o 20 de abril de 2014. Arquivado 21 de abril de 2014 en Wayback Machine.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Éric Rohmer na IMDb (en inglés).
- Bibliografía
- Artigo
- Entrevista