Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Calembur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O calembur é unha figura estilística que xorde ó reagrupar doutro modo as sílabas dunha ou máis palabras para lles mudar a significación cun sentido diferente[1]. Este recurso adoita usarse nas adiviñas[2], e tamén ten presenza nas cantiga de escarnio e maldicir.

Segundo a maioría dos autores, o pai deste artificio lingüístico é Georges de Bièvre,[3] quen seica comezou a explotar a hilaridade que na corte de Lois XVI provocaban os continuos equívocos protagonizados polo conde de Kalemburg, embaixador de Westfalia, debido ao seu escaso dominio da lingua francesa. Outros estudos din que procede do francés calembour (de calembourg, e este, de Kahlenberg, lugar que tiña un párroco contra 1300 que foi célebre polos seus xogos de palabras).[4] En 1777 l Encyclopédie recolle que o seu uso escrito se remonta a 1630 cando Devaux dos Caros (pseudónimo non comprobado empregado por Adrien de Lasseran de Massencome de Monluc) escribiu a historia "das súas migas de pan".[5] En todo caso a lingua francesa préstase para estes artificios lingüísticos debido á súa pronunciación.

Non obstante, hai quen postula que o vocábulo calambur procede do árabe kalembusu (palabra equívoca), ou do italiano calamo burlare (burlarse con la pluma).[6]

Arrula a rula seu esperma teso (Xoaquín Agulla, Cántigo)

Aí van cen tolas con centolas (popular)

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para calembur.
  2. "Calembur Arquivado 01 de decembro de 2015 en Wayback Machine.", no Dicionario de Termos Literarios. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
  3. De Baecque, Antoine (1 de setembro de 2000). "Calembours". PAYOT (en francés). Arquivado dende o orixinal (html) o 26 de abril de 2018. Consultado o 26 de abril de 2018. Prince du calembour, Georges de Bièvre fut, à la fin du XVIIIe siècle, l'une des figures les plus célèbres de la cour et des salons, où ses jeux de mots, ses réparties satiriques, son humour pince-sans-rire et sa manière très rigoureuse de débiter ses calembredaines déclenchaient à tout coup les éclats de rire. 
  4. "Meister Wiegand von Theben". nussdorferplatz (en alemán). Arquivado dende o orixinal (html) o 26 de abril de 2018. Consultado o 26 de abril de 2018. Wiegand verkaufte auch selbstgekelterten Wein an die zahlreichen Besucher des Kahlenberges. In guten Jahren war dadurch das Einkommen der Pfarre gesichert, doch im Jahr 1331 verursachte ein früher und nasser Herbst eine Missernte. Der Wein war sauer und nahezu ungenießbar. Die Bauern, die bisher gerne den Gottesdienst im Kahlenbergerdorf besucht hatten, auch weil sie sich danach an dem guten Wein stärken konnten, besuchten jetzt lieber nähere Kirchen und so musste Meister Wiegand einen Plan ersinnen, wie er wieder die Besucher in seine Ortschaft locken konnte. 
  5. "Marquis de Bièvre, François-Georges Maréchal, (1747-1789)". Miscellanees (en francés). Arquivado dende o orixinal (html) o 3 de xaneiro de 2013. Consultado o 26 de abril de 2018. KALEMBOUR, ou CALEMBOUR, (Gramm) c’est l’abus que l’on fait d’un mot susceptible de plusieurs interprétations, tel le mot piece, qui s’emploie de tant de manieres : pieces de théâtre, pieces de plein pied, pieces de vin etc. Par exemple, en disant qu’on doit donner à la comédie une fort jolie piece de deux sols, on fera de ce mot l’abus que nous appellons kalembour. C’est dans ce style que le sieur Devaux dos Caros écrivit en 1630 l’histoire de sa mie de pain mollet, que de nos jours on a donné celle du bacha Bilboquet qui avoit des bras de mer, & nous citerons encore pour des modeles la lettre du sieur, du scieur, de bois flotté à madame la comtesse Tation, la contestation, & la tragédie de Vercingétorix. 
  6. Mora Cuartas, Héctor Julio. "Etimología de CALAMBUR". Dechile.net (en castelán). Arquivado dende o orixinal (html) o 26 de abril de 2018. Consultado o 26 de abril de 2018. El calambur es un artificio lingüístico que permite cambiar el significado de una oración, al agrupar las sílabas de manera diferente a la original. Ej: Elena no viene hoy, se convierte en "El enano viene hoy" 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.