Calidris virgata
Calidris virgata | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto en California | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Calidris virgata (Gmelin, 1879) | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Calidris virgata é unha especie de ave da orde das caradriformes e familia dos escolopácidos, unha das 24 integradas no xénero Calidris.
É unha limícola que cría en Alasca e inverna nas costas do Pacífico de América do Norte e Suramérica.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1879 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin, baixo o nome de Aphriza virgata.[2][3]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2][3]
- Aphriza virgata (Gmelin, 1789)
- Tringa virgata Gmelin, 1789 (protónimo)
Nota taxonómica
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita, como quedou dito, polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin en 1789, a partir dun exemplar recollido no Prince William Sound (Seo do príncipe Guillerme) durante a visita do capitán James Cook a Alasca en 1788.[4] Gmelin situou orixinariamente á especie no xénero Tringa, pero foi trasladada en 1839 a un xénero monotípico, Aphriza, polo naturalista estadounidense John James Audubon. Durante moito tempo pensouse que a especie estaba ligada aos virapedras, e situouse na subfamilia dos arenariinos.[5][6] Nos virapedras foi considerado como o único membro da súa propia familia. Datos máis recentes suxiren que está xeneticamente moi próximo aos virapedras máis grandes e que debería incluírse no xénero Calidris.[7] A especie é monotípica, é dicir, que non ten subespecies.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2016): Calidris virgata na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 5 de setembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Calidris virgata Gmelin, 1789 no GBIF. Consultado o 5 de setembro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Calidris virgata (J. F. Gmelin, 1789) na BioLib. Consultada o 5 de setembro de 2022.
- ↑ Senner, S. & McCaffery, B. (1997): "Surfbird (Calidris virgata)". The Birds of North America Online. Ithaca: Cornell Lab of Ornithology. Consultado o 7 de setembro de 2022.
- ↑ Jehl, Joseph R. (1968): "The Systematic Position of the Surfbird, Aphriza virgata". The Condor 70 (3): 206–210. (PDF).
- ↑ 6,0 6,1 Van Gils, J.; Wiersma, P. & Kirwan, G. M. (2017). En: del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi; Christie, David A. & de Juana, Eduardo (eds.) "Surfbird (Calidris virgata)" en Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona, España: Lynx Edicions.
- ↑ Thomas, Gavin H.; Wills, Matthew A. & Székely, Tamás (2004): "A supertree approach to shorebird phylogeny". BMC Evol. Biol. 4: 28. (Texto completo).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Calidris virgata |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Calidris virgata |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- J. del Hoyo, A. Elliott & J. Sargatal (1996): Handbook of the Birds of the World. Volume 3. Hoatzin to Auks. BirdLife International, Cambridge, Reino Unido e Lynx Edicions, Barcelona. España. ISBN 978-8487-334-20-7.
- Banks, R.C. (2012). "Classification and nomenclature of the Sandpipers (Aves: Arenariinae)" (PDF). Zootaxa 3513: 86–88. doi:10.11646/zootaxa.3513.1.6.
- Gibson, R.; Baker, A. (2012). "Multiple gene sequences resolve phylogenetic relationships in the shorebird suborder Scolopaci (Aves: Charadriiformes)". Molecular Phylogenetics and Evolution 64 (1): 66–72. PMID 22491071. doi:10.1016/j.ympev.2012.03.008.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Informacións sobre a especie en Seattle Audubon Society's BirdWeb (en inglés).