Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Campinas

Modelo:Xeografía políticaCampinas
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 22°54′03″S 47°03′26″O / -22.900913888889, -47.057294444444
EstadoBrasil
Unidades da federaciónSão Paulo Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.213.792 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.525,5 hab./km²)
Xeografía
Superficie795,667 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude685 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación14 de xullo de 1774 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Prefeito (pt) Traducir Editar o valor en WikidataJonas Donizette (pt) Traducir (2013–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCâmara Municipal de Campinas (pt) Traducir , (Escano: 33) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal13000-000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico19 Editar o valor en Wikidata
Código de concello do Brasil3509502 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Fuzhou (1996–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webcampinas.sp.gov.br Editar o valor en Wikidata
Facebook: prefeituradecampinas Instagram: prefcampinas BNE: XX456330 Editar o valor en Wikidata

Campinas (IPA: kɐ̃ːˈpinɐs) é unha cidade brasileira do estado de São Paulo. Está ao norte da capital do estado, a unha distancia de 90 km desta. Ten unha área total de 796 km² e unha poboación estimada, no ano 2006, de 1 049 420 habitantes. Xunto con outras 18 cidades, forma a segunda rexión metropolitana do estado de São Paulo, con aproximadamente 2,33 millóns de habitantes (6,3% da poboación do estado).

Terminal de ómnibus urbanos, no centro de Campinas.

O seu poboamento comezou entre 1739 e 1744, coa chegada do capitán Francisco Barreto Leme do Prado, orixinario de Taubaté. En 14 de xullo de 1774, rezouse unha misa nunha capela provisoria para oficializar a fundación da freguesía de Nosa Señora da Concepción de Campinas. En 1797 foi elevada á condición de vila, e o 5 de febreiro de 1842 tornouse cidade.

A agricultura impulsou o crecemento da cidade no seu inicio. Primeiro, a cana de azucre, e despois o café. En pouco tempo, o cultivo de café trouxo un ciclo de desenvolvemento da cidade. Coa implantación da Compañía Paulista de Estradas de Ferro en 1872, a cidade tornouse unha das maiores do país.

Despois da crise do café en 1930 o seu perfil económico diversificouse, coa expansión das industrias e dos servizos. A inmigración, especialmente de italianos, axudou a expansión deste parque industrial. Entre as décadas de 1970 e 1980, a cidade practicamente duplicou de tamaño, grazas ós fluxos migratorios internos.

A partir de 1998 a súa base económica vén mudando: perde espazo o sector industrial, coa migración de industrias para outras cidades onde o custo de terreos é menor, e crece o sector de servizos (comercio, investigacións científicas, tecnoloxía de informática e loxística, principalmente).

Economía rexional

[editar | editar a fonte]
Antiga estación de ferrocarril en Campinas.
Catedral de Nosa Señora da Concepción, padroeira de Campinas.
Torre do Aeroporto de Viracopos.
Estrada Rodovia Dom Pedro I.

Actualmente a cidade representa un terzo da produción industrial do estado. Destacan as industrias de alta tecnoloxía e a produción metalúrxica. A cidade é tamén un importante centro comercial -ten o máis grande centro comercial do Brasil en superficie, o Shopping Parque Dom Pedro- e de servizos.

Posúe un aeroporto internacional, Viracopos, que destaca no transporte internacional de mercadorías. No pasado foi tamén un centro de irradiación de liñas de ferrocarril para o interior do estado e o sur de Minas Xerais.

A construción de importantes estradas, como a Via Anhangüera (1948), Rodovia dos Bandeirantes (1978), a Rodovia Santos Dumont (década de 1980) e a Rodovia Dom Pedro I (actualmente, todas elas de dobre carril) transformaron a cidade nun importante centro de conexión de estradas, esencial para o desenvolvemento da industria e comercio rexional.

A cidade é tamén sede de importantes universidades, como a Universidade Estatal de Campinas (UNICAMP) -que forma persoal capacitado para as industrias de alta tecnoloxía da rexión- e a Pontificia Universidade de Campinas (PUCCAMP).

A cidade ten dous importantes equipos de fútbol: Associação Atlética Ponte Preta e Guarani Futebol Clube.

A cidade tamén posúe un proxecto do arquitecto Oscar Niemeyer: o Edificio Itatiaia, construído entre 1953 e 1957.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]