Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Cancioneiro (Blanco Amor)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cancioneiro
Título orixinalCancioneiro
Autor/aEduardo Blanco Amor
OrixeArxentina
LinguaLingua galega
Xénero(s)Poesía
EditorialGaliza Editora
Data de pub.1956
editar datos en Wikidata ]

Cancioneiro é unha obra de poesía de Eduardo Blanco Amor publicada en Buenos Aires (Arxentina) en 1956 por Galiza Editora[1]. Foi reeditada por Galaxia en 1980 en Poemas galegos.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

Blanco Amor inclúe unha longa xustificación (como tamén fixo en libros da narrativa e do teatro) na que repasa a poesía galega e entre outras cousas di:

"A verdade sustanzal é que a poesía galega leva en si un xérmolo inmurchábel e nivelador de vida que se produz dentro dunha fidel "constante" isoparábel da súa esenza. A este factor podémoslle chamar: a intemporalidade do sentimento. A nosa lírica, a nosa única poesía, é lírica do sentimento -quero decir lírica a nativitade- sin tanxenzas nin contaminacións, calisquera sexan os enseres do seu traballo e manexo: paisaxe; home en si como experiencia vital, personal e directa, ou en metafísica proxección, non dialéctica; empirismo da alma, non só da mente, no trato coa terra; simbiose indestructíbel da terra paisaxe con en-nós, etc. A nosa lírica non acada endexamais, e cecais nin o precura, o ouxetivo puro nin tan xiquera no amoroso descripcionismo rosaliano ou pondaliano[3]."

Para Carlos L. Bernárdez: Cancioneiro non é un libro unitario con poemas moi diversos na métrica e nos temas. As referencias formais seguen a ser o influxo musical, neopopularismo, cunha maior presencia de alusión ao mundo trobadoresco como se reflecte no título dunha das partes, "Canzóns de amigo". Salientan os poemas que reflecten un intimismo máis radical, nos que aparece a soidade humana, a experiencia vital, o paso do tempo.[4]

Con este libro Blanco Amor volve á poesía en galego despois de publicar en castelán Horizonte evadido (1936) e En soledad amena (1941).

1. Cancioneiro

  • Adolescencia

2. Canzóns de amigo

  • Amigo: Quen por ti preguntar

3. Os nocturnos

  • Era un sombrizo alento solagado

4. De min e da sombra

  • A fuga
  • A pesca
  • A voz
  • O Areal
  • Romanz
  • O furto
  • O onte
  • O onte
  • O hoxe

5. Obxectos líricos

  • A danza
  • Romanz de panxoliña
  • Romanz pra día de Reises

6. Canzóns pra cantar

  • Canzón de albada
  • Canzón de berce
  • Coral a Castelao

7. Baladas dos arbres amigos e dos arbres expulsados

  • Acacias
  • Castiñeiros
  • Encina
  • Carballo
  • Laranxo
  • Piñeiros
  1. "Ficha da obra". bvg.udc.es. Consultado o 2019-08-26. 
  2. Blanco Amor, Eduardo (1980). Poemas galegos. Dombate. Galaxia. ISBN 84-7154-378-8. 
  3. Blanco Amor 1980, p. 111.
  4. "Blanco-Amor poeta, entre a tradición e a renovación", análise de Carlos L. Bernárdez.