Caniche
O caniche[1][2] é unha raza de cans que ata o primeiro cuarto do século XX, eran considerados de uso exclusivo para o luxo dos aristócratas e nobres. Coñecidos pola súa pelaxe lanosa e rizada, existen as variedades xigante, mediano, anano e miniatura ou toy. Ata o Renacemento, era un can cobrador de augas, é dicir, eran cans que recuperaban as presas xa cazadas que caeran á auga, como parrulos e cisnes.
Noutros idiomas
[editar | editar a fonte]En cada lingua, o caniche recibe un nome distinto:
Historia da raza
[editar | editar a fonte]Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2021.) |
Procedentes de Francia, os caniches son descendentes do Barbet, orixinarios dos encoros alemáns; e na Idade Media, foi destinado para a caza de aves natatorias como o parrulo ou o ganso, de modo que seleccionouse por características tales como a súa adaptabilidade ao terreo lamacento e a súa resistencia á auga, o que fai que esta raza, xunto con outras sexan chamados cans acuáticos.
A partir do século XVI, os caniches empezaron a ser famosos pola súa beleza e intelixencia, sobre todo en diversas presentacións circenses, obras de arte de diversos autores como Durero e Francisco de Goya. En tempos de Lois XVI de Francia xa era moi común a súa presenza na corte francesa.
Por cambios no gusto no que fai á súa aparencia, durante o século XIX, desprezouse a protección da pelaxe, que ata entón, tiña a función de resgardalo da hipotermia, polo que os estilistas empezaron a crear diversos cortes como o Británico montano e o Continental. Para os caniches recentemente nados, iniciouse o costume de amputar a cola, que na actualidade é unha práctica prohibida.
Na Guerra franco-prusiana empezou a difusión da raza como tal, destinada ós millonarios e aristócratas. Só no século XX, predominaba a variedade Xigante, polo que posteriormente xurdiron coa aprobación das asociacións caninas como o Kennel Club as variedades Standart (de escasa difusión desde 1792), Miniatura (1911) e Toy (1957). Nos anos finais do século XX xurdiu a raza híbrida dos Labrapoodles (combinación de Caniche con Labrador).
Variedades
[editar | editar a fonte]Xigante
[editar | editar a fonte]Crese que é a variedade orixinal da que xurdiron as demais a través de cruzamentos para reducir a tálla. A altura á cruz varía desde 45 a 60 cm., admítese 2 cm de máis, sempre que o exemplar garde as proporcións. Nas exposicións celebradas baixo as normas da FCI os exemplares de cor negra, branca e marrón, xúlganse nun mesmo grupo para a obtención do CACIB. O mesmo ocorre coas exemplares de cor gris, albaricoque e vermella; o mellor de cada un destes grupos pasa a un xuízo final para determinar o mellor exemplar da variedade.
Mediano
[editar | editar a fonte]A altura nesta variedade está comprendida entre os 35 e os 45 cm e ao igual que ocorre na variedade xigante, as cores xúlganse por grupos.
Anano
[editar | editar a fonte]Esta variedade presenta unha altura á cruz de 28 a 35 cm, ten que parecer un caniche de tamaño mediano, pero máis pequeno e non presentar ningún signo de ananismo. Como nas variedades máis grandes son xulgados agrupados por cores.
Miniatura ou Toy
[editar | editar a fonte]A altura da cruz para o caso dos Miniatura varía de 24 a 28, e acéptase 1 cm de menos sempre que se manteñan as proporciones e que non presenten ningún sintoma de ananismo. Ao contrario que ocorre nas demais variedades xúlganse todas as cores xuntos.
Lonxevidade
[editar | editar a fonte]Dependendo da súa saúde, os caniches adoitan vivir entre os 13 a 18 anos. (Variedades Toy e Miniatura, de 13 a 15 e Variedades Xigante e Standart, de 16 a 18).
Mantemento
[editar | editar a fonte]Para o seu coidado, pélanse de acordo ao seu estilo, o que require un peluquero canino. Acéptase o pelo en forma de melena para cabeza, orellas e pescozo, incluídas as patas. Non soltan demasiado pelo e por saúde débense limpar os ollos e as orellas. Débense lavar con certa frecuencia. O coidado do pelaje é incondicional nesta raza, polo que é necesario lavar con champu de can exclusivo e en ningún caso con champu humano, xa que daña a pel do caniche porque lle fai perder o aceite natural que posúe no seu pelo, e á longa, isto trae complicacións.
- Comportamento e adiestramiento: Son moi alegres e intelixentes polo que son moi rápidos á hora de aprender. Están moi vinculados ao dono e a súa familia e non teñen problemas cos nenos, nin con outros cans e animais. Anuncian as visitas ladrando.
Caniches famosos
[editar | editar a fonte]Por ser de aspecto rechamante, a raza de cans caniche é unha das preferidas polos medios, desde series de TV ata películas adoitan incluír a esta raza no seu elenco.
Algúns exemplos:
- Fu-Fu, mascota de Peggy en "O Show dos Muppets"
- Georgette, na película "Oliver e Compañía"
- Rita, en "Grande Pa!"
- Cleo, en "Clifford, o gran can vermello"
- Chiripa, en "Emoción de anxo"
- Lucky, en "Shinchan"
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "caniche". TERGAL. Consultado o 21/11/2019.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caniche.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Caniche |