Caprera
Caprera | |
---|---|
Vista áerea do Arquipélago da Magdalena. Illa Caprera é a illa grande da parte centro-superior esquerda. | |
Localización do arquipélago da Maddalena no norte da illa | |
Situación | |
País | Italia |
Provincia | Sassari |
Arquipélago | Arquipélago da Magdalena |
Mar | Mar Mediterráneo |
Coordenadas | Coordenadas: 41°12′00″N 9°28′00″L / 41.2, 9.4666666666667 |
Xeografía | |
Superficie | 15,7 km² |
Punto máis alto | 212 m Monte Teialone |
Demografía | |
Lingua propia | Italiano |
Caprera é unha pequena illa de 15´5 km² na costa de Sardeña, Italia, situada no Arquipélago da Maddalena. Situada no Estreito de Bonifacio, é un destino turístico famoso por ser o lugar en que se atopa a casa e a tumba de Giuseppe Garibaldi.
Características
[editar | editar a fonte]É a segunda illa máis grande do arquipélago e ten unha superficie de 16 km² e 45 quilómetros de costa. Monte Teialone é o punto máis alto (212 m). No lado sur-occidental hai un centro de vela moi importante, as numerosas calas e as ancoraxes que se poden atopar ao longo da costa fan o desmbarco fácil. Non hai hoteis, só un complexo con bungalows. Os fondos mariños son unha atración para os naturalistas e os seguidores da arqueoloxía submarina. Foron atopados alí moitos restos de buques de carga romanos, así como a nave de Garibaldi.
Esta illa foi declarada reserva natural das especies de aves mariñas que viven nela (a gaivota real, o corvo mariño e o falcón peregrino). Caprera está unida á illa da Maddalena por unha calzada de 600 metros de longo.
Historia
[editar | editar a fonte]A illa foi bautizada probablemente debido ás numerosas cabras salvaxes que viven nela (capra significa cabra en italiano).
A historia di que logo da ocupación romana Caprera permaneceu deserta durante séculos antes de ser habitadas por grupos de pastores. Máis tarde, en 1855 o Heroe de Dous Mundos (Garibaldi) decidiu instalarse alí e plantou as primeiras árbores do bosque de piñeiros, que cobre a illa na actualidade. Un século despois da morte de Garibaldi, a illa foi liberada das numerosas restricións militares existentes e agora está totalmente aberta ao público.
Giuseppe Garibaldi
[editar | editar a fonte]A illa está ligada a Giuseppe Garibaldi, un patriota italiano e loitador que viviu no século XIX e foi un dos pais da independencia italiana. Comprou a illa en 1855 e morreu en 1882. A súa casa é agora un museo, hai unha capela conmemorativa e toda a illa é un monumento nacional.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caprera |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Parco Nazionale dell'Arcipelago di La Maddalena Arquivado 26 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.