Carlos Blanco-Rajoy
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1930 A Coruña, España |
Morte | 2011 (80/81 anos) |
Senador de España | |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado |
Partido político | Unión de Centro Democrático |
Carlos Blanco-Rajoy Martínez-Reboredo, nado na Coruña o 19 de outubro de 1930 e finado na mesma cidade o 31 de xullo de 2011, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pertencía a unha famosa familia coruñesa da preguerra: o seu avó Ramón Blanco-Rajoy Poyán, fora senador e deputado, e o seu tío Benito Blanco-Rajoy, fora tamén deputado conservador durante o primeiro terzo do século XX.
Carlos Blanco-Rajoy foi presidente da Cámara Provincial Agraria da Coruña durante o franquismo. Nas eleccións xerais de 1979 integrou a candidatura de UCD ao Senado e saíu elixido pola provincia da Coruña. Afiliado posteriormente ao Partido Demócrata Popular, tres anos máis tarde, en 1982 volvería concorrer ás eleccións ao Senado, pero desta vez na lista da coalición que lideraba Alianza Popular, e volveu saír elixido.