Carlos Caba
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 Zaragoza, España |
Morte | 1976 (76/77 anos) Donostia, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, policía |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | Pedro Caba Landa |
Carlos Caba Landa, nado en Zaragoza[1] o 2 de decembro de 1900 e finado en Donostia[2] o 23 de outubro de 1992, foi un policía e escritor estremeño.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pasou a súa infancia en Arroyo de la Luz (Cáceres) e estudou en Madrid. Como policía formou parte do servizo de seguridade nas embaixadas españolas de Francia, Suíza, Italia e algúns países balcánicos; despois estivo destinado en Pontevedra como inspector de policía (1944-1957), ascendendo a comisario en 1948;[3] e xa ascendido a comisario de primeira en 1957,[4] pasou a Donostia.[5]
En 1933 publicou xunto co seu irmán o volume Andalucía: su comunismo libertario y su cante jondo, sobre o flamenco. Durante a súa estancia en Galicia colaborou en periódicos galegos como El Pueblo Gallego (onde mantivo a sección "Ángulo de la Peregrina"), Vida Gallega ou La Noche. Amais publicou tres novelas sobre o contrabando e a espionaxe en Galicia: ¡Wolfram, Wolfram! La diplomacia de la bocamina (1947), Caucho a la deriva (1950) e Crimen en la frontera (1957).[2] Deixou varios orixinais inéditos.[6]
Foi membro correspondente da Real Academia Galega.[7]
Obra
[editar | editar a fonte]- Las ideologías del siglo. 1920; con Pedro Caba Landa.
- Andalucía: su comunismo libertario y su cante jondo. Madrid, 1933; con Pedro Caba Landa.
- Roger de Flor. 1946.
- ¡Wolfram, Wolfram! La diplomacia de la bocamina. 1947.
- Caucho a la deriva. 1950.
- Crimen en la frontera. 1956 (Premio El Buscón).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Carlos, María de la Concepción e María Victoria Caba Moral.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sergio Lorenzo (12 de outubro de 2008). "El resurgir de los hermanos Caba". Hoy (en castelán)..
- ↑ 2,0 2,1 Antonio Vidal (5 de decembro de 2018). "La tierra de Deza en la novela" (en castelán).
- ↑ La Noche, 24-7-1948, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 18-10-1957, p. 8.
- ↑ Boletín Oficial del Estado, 13 de xaneiro de 1960 (en castelán).
- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1951). "CABA LANDA, Carlos". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 184.
- ↑ "Membros correspondentes". Real Academia Galega.