Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Carlos Fenoy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos Fenoy
Biografía
Nacemento(es) Carlos Alberto Fenoy Muguerza Editar o valor en Wikidata
15 de outubro de 1948 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor en Wikidata - 1988 Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- CA Vélez Sársfield
- Real Valladolid
- Celta de Vigo Editar o valor en Wikidata

Carlos Alberto Fenoy Muguerza, nado en Buenos Aires o 15 de outubro de 1948, é un exfutbolista arxentino que xogaba na demarcación de gardameta.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na Arxentina desenvolvería a súa carreira en Newell's Old Boys, Vélez Sársfield e Club Atlético Huracán, chegando a Europa na tempada 1976-77 ao Real Club Celta de Vigo

O gardameta arxentino xogou no Celta catro tempadas, durante as cales disputou 90 encontros e marcou 5 goles, todos no seu segundo ano en Vigo, ao encargarse de lanzar gran parte dos penaltis, estreándose ante a Real Sociedad de Arconada. O equipo viuse obrigado a disputar a promoción de descenso, na cal perdería e se vería relegado a Segunda División, caso que se repetiu en varias ocasións neses anos nos que o Celta tivo o papel de equipo ascensor entre Primeira e Segunda División.

Ao cabo das catro tempadas foi traspasado ao Real Valladolid despois dunha tempada na que pasou de ser un ídolo para a afección a ser pitado e recriminado polas súas actuacións, despedíndose do equipo mediada a tempada. No equipo castelán xogou oito tempadas, marcando outro gol.