Casa Manola
Casa Manola | |
---|---|
Formato | Comedia costumista |
Dirixido por | Javi Camino |
Intérpretes | María Costas, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Isabel Blanco e outros |
País de orixe | Galicia |
Episodios | Primeira tempada: 6 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Antón Reixa e Xabier Eirís |
Duración | 1 hora por capítulo |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TVG |
Primeiro episodio | 20/10/2014 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Casa Manola é unha serie de televisión, do xénero da comedia, con guión de Jacobo Paz Limia e Xosé Antón Moure Ferreiro, producida por Filmanova[1] para Televisión de Galicia dende 2014.
Descrición
[editar | editar a fonte]A serie grávase sen decorados (en escenarios naturais) na Casa dos Noche,[2] na parroquia de Colantres, concello de Coirós.[3]
Argumento
[editar | editar a fonte]Manola e Barrantes, irmáns, aproveitando unha subvención, reforman a casa facendo unha casa de turismo rural. Por quedar sen traballo, Nacho -fillo de Manola- e a súa muller teñen que deixar a cidade da Coruña e ir vivir á casa acabada de reformar.[4]
Intérpretes
[editar | editar a fonte]- María Costas - Manola, propietaria da casa.
- Evaristo Calvo - Barrantes, irmán de Manola (tío de Nacho).
- Víctor Mosqueira - Nacho, fillo de Manola.
- Isabel Blanco - Vero, muller de Nacho.
- Santi Romay - Sindo, taberneiro.
- Episódicos: Santi Prego, Miro Magariños (Cabanés), Antonio Mourelos, Laura Ponte Santasmarinas, Camila Bossa, Luísa Merelas, Milo Taboada, Marcos Orsi, Belén Constenla, César Cambeiro Quintela, Carolina Vázquez, Alfonso Agra, Xabier Deive, Estíbaliz Veiga...
Tempadas
[editar | editar a fonte]Primeira tempada (6 episodios)
[editar | editar a fonte]# | Título | Data de emisión |
---|---|---|
01 | "O retorno" | 20 de outubro de 2014 |
02 | "A ilusión do principio" | 27 de outubro do 2014 |
03 | "Tempo de laranxas" | 3 de novembro de 2014 |
04 | "Parabéns" | 10 de novembro de 2014 |
05 | "Aprendices e mestres" | 17 de novembro de 2014 |
06 | "As cinsas do pasado" | 24 de novembro de 2014 |
Segunda tempada
[editar | editar a fonte]# | Título | Data de emisión |
---|---|---|
07 | "Os cogomelos máxicos" | 1 de xuño de 2015 |
08 | "O calendario erótico" | 8 de xuño de 2015 |
09 | "O foxo do lobo" | 15 de xuño de 2015 |
10 | "Fantasías caribeñas" | 22 de xuño de 2015 |
11 | "Todo queda en familia" | 29 de xuño de 2015 |
12 | "A vida segue igual" | 6 de xullo de 2016 |
13 | "Todo queda na familia" | 13 de xullo de 2016 |
14 | "A Copa da Costa" | 20 de xullo de 2016 |
15 | "Festa rachada" | 4 de agosto de 2016 |
16 | "Un traballo profesional" | 11 de agosto de 2016 |
17 | "Alguén en quen confiar" | 18 de agosto de 2016 |
18 | "A xente ven e vai" | 25 de agosto de 2016 |
19 | "O xogo das aparencias" | 1 de setembro de 2016 |
Terceira tempada
[editar | editar a fonte]# | Título | Data de emisión |
---|---|---|
Audiencia
[editar | editar a fonte]Na súa estrea alcanzou un 15,8 % de share, 5,1 puntos por enriba da media da cadea no día de emisión, con 185.000 espectadores. Ademais, Casa Manola foi o programa máis visto do día por detrás do Telexornal das 14:30 h, a pesar da competencia na noite do luns: La que se avecina (Telecinco), Isabel (TVE), Top Chef (Antena 3), CSI (Cuatro)...[5]
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Nos Premios Mestre Mateo de 2014, Casa Manola estivo nomeado en 2 categorías, mais non colleitou ningún premio.
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2014 | Mellor serie de televisión | Filmanova para TVG | Nomeado |
Mellor dirección de produción | Xabier Eirís | Nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Filmanova.com". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2014. Consultado o 07 de setembro de 2014.
- ↑ "Casa dos Noche". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2015. Consultado o 22 de outubro de 2014.
- ↑ A revista Arquivado 07 de setembro de 2014 en Wayback Machine. 4/4/2014.
- ↑ Corte a corte 8/4/2014.
- ↑ "Excelente acogida a "Casa Manola" en la TVG". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2015. Consultado o 09 de xaneiro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: Casa Manola |