Domus (A Coruña)
Domus | |
---|---|
Domus | |
País | Galicia |
Cidade | A Coruña |
Tipo | Científico, cultural |
Inauguración | 1995 |
Na rede | |
http://mc2coruna.org/domus/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
A Domus, anteriormente coñecida como Casa do Home, é un museo coruñés, o único interactivo conceptual e monográfico sobor do ser humano. Algunhas das súas montaxes máis interesantes son unha colaxe que representa a Gioconda, realizada con 10.062 fotografías de persoas de todo o mundo, imaxes dun parto, elaborar un menú e comprobar se é equilibrado ou ver os latexos do propio corazón. Inaugurouse en abril de 1995[1] e é obra de César Portela e Arata Isozaki.[2]
Contidos
[editar | editar a fonte]Conta con 1.500 m² de exposicións, 300 deles na sala Severo Ochoa, de exposicións temporais, e unha sala de proxeccións de cinema en grande formato. Ten excelentes vistas ás praias de Riazor e Orzán.
As exposicións oferecen uns 200 módulos interactivos. Ademais de fornecer información, esixen ser accionados mediante algún mecanismo, frecuentemente en forma de xogos sinxelos, para entender o seu funcionamento. As áreas temáticas denomínanse Eu (a identidade), Nós (demografía), Bioquímica e Xenética, Paisaxes (medios de exploración do corpo e imaxes microscópicas de tecidos e células), Reprodución e desenvolvemento embrionario, Sentidos, Corazón e sistema circulatorio, Comer para vivir (nutrición e sentidos do gusto e o olfacto),[3] Sistema motor, O pé, Cerebro, Equilibrio, habilidades e linguaxe.
A sala de proxeccións denomínase Leonardo da Vinci. As proxeccións son de grande formato (8/70) magnavisión sobre unha pantalla de 80 m². Conta cunha potencia de 7.000 vatios de luz e 4.000 de son, con 17 altofalantes. En dita sala proxéctanse películas IMAX ou en 3D,[4] e impártense charlas de divulgación científica.[5]
En 2015 inaugurouse a sala Maker, dedicada á robótica.[6]
Expedición Balmis
[editar | editar a fonte]Como lembranza da Real Expedición Filantrópica da Vacina, expedición científica que levou a vacina da varíola a América, inaugurouse un monumento na balconada do museo.[7]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da Casa do Home
-
Fachada que dá á Enseada do Orzán
-
Cabeza do vixilante da entrada da Domus, Botero
-
Obra de Botero
-
Entrando na Domus
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Arquivo da TVG
- ↑ "Falece o arquitecto Arata Isozaki, autor da Domus da Coruña". Xornal da Coruña. 29 de decembro de 2022. Consultado o 1 de abril de 2023.
- ↑ Méndez, Mila (22 de xullo de 2022). "La alimentación es protagonista en la nueva Domus". La Voz de Galicia. Consultado o 1 de abril de 2023.
- ↑ EP (20 de decembro de 2010). "A Domus proxecta en A Coruña a película 'Wild Safari' en 3D". La Opinión de A Coruña. Consultado o 1 de abril de 2023.
- ↑ Graña Suárez, Begoña (9 de maio de 2022). "Pseudoterapias: todo pola pasta". La Voz de Galicia. Consultado o 1 de abril de 2023.
- ↑ Concello da Coruña
- ↑ Rivera, Alicia (3 de decembro de 2003). "A Coruña recuerda a los 22 niños que llevaron la vacuna de la viruela a América". El País (en castelán). Consultado o 1 de marzo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |