Celbridge
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2014.) |
Cill Droichid (ga) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Irlanda | |||
Provincias | Leinster | |||
Condados | Condado de Kildare | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 55 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Celbridge en inglés ou Cill Droichid en irlandés, é unha vila próxima ao río Liffey, na provincia de Leinster, no Condado de Kildare, Irlanda. Está situado a 22 quilómetros de Dublín, e ten unha poboación aproximada de 20,000 habitantes.
Nos últimos anos Celbridge experimentou un forte crecemento, aínda que a meirande parte dos servizos e o entretemento da cidade encóntranse en “main street” (a rúa principal). De feito, Celbridge é o municipio máis grande de Irlanda que ten só unha rúa. Aínda que aumentou de tamaño, non ten novas rúas "streets", senón "roads", moito máis pequenas e de menos importancia.
O nome de Celbridge deriva do gaélico "Cill Droichid", algo así como "A igrexa pola ponte". En ocasións foi denominada Kildrought en inglés.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]A vila de Celbridge é moi coñecida porque nela se encontra a casa de Castletown. Castletown House atópase en "main street", e é coñecida como a casa máis grande de Irlanda, contruída en 1722. Entroutros, ten unha enorme sala de 80 pés elegantemente decorada e unha impresionante escaleira principal no vestíbulo, de viga voladiza e feita con pedra de Portland.
"Connolly's Folly" ou "The Obelisk" (o obelisco) é unha estrutura obelística achegada a Castletown House, construída en 1739. Mide 42 metros de alto e está decorada con formas de piedra.
Personaxes públicos
[editar | editar a fonte]Celbridge foi lugar de residencia de Vanessa Van Homrigh, a amante de Jonathan Swift, o famoso escritor irlandés, autor de As viaxes de Gulliver.
Sir Arthur Guinness, fundador da empresa cervexeira que leva o seu nome, tamén naceu nesta localidade.
Damien Rice, gran figura da música irlandesa actual, é de Celbridge, ao igual que a banda Bell X1.
Ligazóns
[editar | editar a fonte]- Sitio Oficial (en inglés)