Centrales
Diatoms | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Diatomeas mariñas | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Suborders | |||||||||||
A Orde Centrales é unha subdivisión parafilética tradicional das algas heterocontófitas coñecidas como diatomeas[1][2][3], inda que actualmente esta tradicional orde Centrales correspóndese coa clase Coscinodiscophyceae.[4] . A orde recibe o nome pola forma das paredes celulares (ou válvulas ou frústulas) de diatomeas céntricas, que son circulares ou elipsoidais en visión valvar. As valvas mostran habitualmente ornamentos radialmente simétricos e que poden parecer puntos cando se observan en microscopía óptica. Algunhas tamén presentan espiñas nas súas valvas, que fai que teñan maior superficie celular e menor probabilidade de afundirse e que tamén eviten ser consumidas polo zooplancto. Como diferenza coas diatomeas pennadas, nunca presentan rafes (fisura ao longo do eixo lonxitudinal).
En relación co ciclo vital, a reprodución vexetativa das células é diploide e prodúcese por unha mitose durante a división celular normal. Nas especies sexuais, a meiose oogámica produce gametos haploides, tanto células espermáticas como ovos. A fusión destes produce o cigoto que se expandirá para desenvolver unha auxóspora a partir da cal todas as células vexetativas completas se producen.
Nalgúns marcos taxonómicos as diatomeas céntricas coñécense como a Orde Coscinodiscophyceae. Noutros casos como a orde Biddulphiales.[5]. Porén, a taxonomía de diatomeas está a mudar polo desenvolvemento de técnicas de análise molecular.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hoek, C. van den, Mann, D. G. and Jahns, H. M. (1995). Algae : An introduction to phycology, Cambridge University Press, UK.
- ↑ Round, F. E. and Crawford, R. M. (1990). The Diatoms. Biology and Morphology of the Genera, Cambridge University Press, UK.
- ↑ 3,0 3,1 Williams, D. M., Kociolek, J. P., (2007). Pursuit of a natural classification of diatoms: History, monophyly and the rejection of paraphyletic taxa, European Journal of Phycology, 42:3, 313-319.
- ↑ Cattolico RA, Jacobs MA, Zhou Y; et al. (2008). "Chloroplast genome sequencing analysis of Heterosigma akashiwo CCMP452 (West Atlantic) and NIES293 (West Pacific) strains". BMC Genomics 9: 211. PMC 2410131. PMID 18462506. doi:10.1186/1471-2164-9-211.
- ↑ Tomas, C. R., Hasle G. R., Syvertsen, E. E., Steidinger, K. A., Tangen, K., Throndsen, J., Heimdal, B. R., (1997). Identifying Marine Phytoplankton, Academic Press.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Centrales |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Centrales |