Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Ceraxe, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Ceraxe

Peto de ánimas da Meixoa
ParroquiaAguasantas
ConcelloCerdedo-Cotobade
Coordenadas42°25′45″N 8°26′58″O / 42.429167, -8.449444
Poboación35 hab. (2010)
editar datos en Wikidata ]

Ceraxe é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 35 habitantes (15 homes e 20 mulleres), 8 menos ca en 2007.

Neste lugar naceu o pai franciscano Andrés María Solla García.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Neste lugar atópanse dous cruceiros: un no Campo (Ceraxe de Arriba) e outro en Ceraxe de Abaixo. Aquí atopábase o pazo de Ceraxe. Parte das súas pedras foron usadas na construción da casa reitoral de Valongo.

O peto de ánimas da Meixoa (Ceraxe de Arriba) foi construído en 1878. É de tipo pechado, coroado cunha cruz alta e dous pináculos aos lados. Ten un fornelo pequeno arqueado, cun retablo de pedra policromada protexida por un vidro. O retablo ten a imaxe da Virxe co Neno Xesús sobre unha nube, un bispo baixo ela, e tres ánimas entre lapas por baixo deste. Ten dúas inscricións: na esquerda, TODOS DE CORAZON POR CIERTO SECOREDENOS CON EL PADRE NUESTRO, e na dereita TODOS LOS QUE IDES PASANDO ACORDADOS DE NOSOTRAS QUE ESTAMOS PENANDO.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Aguasantas

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Aguasantas no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

Agualta | O Barazal | As Boliñas | Calvelle | O Campo | O Campodanta | A Casa Grande | O Casal | O Castro | Ceraxe | O Coto | A Coutada | A Coviña | O Cristil | Famelga | O Fental | A Godela | O Igrexario | Martín | A Pena | Penelas | Peroselo | A Portela | Portomartín | O Regueiro | Sucastro | Trasdonabal | O Trebello

Parroquias de Cerdedo-Cotobade

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)