Cervo das pampas
Cervo das pampas | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho. | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Cervus bezoarticus Linnaeus, 1758 |
O cervo das pampas[2] (Ozotoceros bezoarticus) é unha especie de cervo que vive nas pampas de América do Sur, en terreos de baixa altitude.[3] O seu hábitat tamén inclúe zonas húmidas e outeiros, a miúdo con seca invernal, e vexetación alta de abondo como para cubrir un cervo en pé.[4] A maioría dos exemplares en liberdade vive nas terras húmidas do Pantanal, onde se están a levar a cabo accións pola súa conservación, así como noutras áreas con ciclos anuais de asulagamento. A actividade humana cambiou fortemente o seu hábitat orixinal.[5] Sábese que poden vivir até os 12 anos en liberdade, e aínda máis en catividade, mais a especie está ameazada pola caza e pola perda do seu hábitat.[6] Existe unha gran conciencia entre a poboación sobre a súa perda, xa que unha poboación saudable de cervo das pampas mantén unha pradeira saudable, e a pradeira é o fogar de numerosas especies, algunhas das cales tamén están ameazadas. Moitas aves de América do Norte migran cara ao sur nesas áreas, e se o hábitato do cervo das pampas desaparece, crese que isto afectará á poboación destas especies de paxaros.[7] Existen uns 80 000 exemplares de cervo das pampas, a maioría dos cales viven no Brasil.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gonzalez, S. (2008). "Ozotoceros bezoarticus". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Database entry includes a brief justification of why this species is of near threatened.
- ↑ Definición de Cervo das pampas no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Geist, Valerius. Deer of the world their evolution, behaviour, and ecology. Mechanicsburg, Pa: Stackpole Books, 1998
- ↑ P., Walker, Ernest. Walker's Mammals of the world. Baltimore: Johns Hopkins UP, 1991
- ↑ Harris, Monica B.; Tomas, Walfrido; Mourao, Guilherme; Da Silva, Carolina J.; Guimaraes, Erika; Sonoda, Fatima; Fachim, Eliani (2005). "Safeguarding the Pantanal Wetlands: Threats and Conservation Initiatives". Conservation Biology 19 (3): 714–20. doi:10.1111/j.1523-1739.2005.00708.x.
- ↑ Moore, Don (2003). "A Delicate Deer". Wildlife Conservation 106: 6–7.
- ↑ Villa, A. R.; Beade, M. S.; Lamuniere, D. Barrios (2008). "Home range and habitat selection of pampas deer". Journal of Zoology 276: 95–102. doi:10.1111/j.1469-7998.2008.00468.x.
- ↑ IUCN Mammal Red Data Book. Gland, Switzerland: IUCN, 1982
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cervo das pampas |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cervo das pampas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ungerfeld, R; González-Pensado, S; Bielli, A; Villagrán, M; Olazabal, D; Pérez, W (2008). "Reproductive biology of the pampas deer (Ozotoceros bezoarticus): a review". Acta Vet Scand 50: 16. PMC 2430702. PMID 18534014. doi:10.1186/1751-0147-50-16.
- Pérez, W; Clauss, M; Ungerfeld, R (Aug 2008). "Observations on the macroscopic anatomy of the intestinal tract and its mesenteric folds in the pampas deer (Ozotoceros bezoarticus, Linnaeus 1758)". Anat Histol Embryol 37 (4): 317–21. PMID 18400045. doi:10.1111/j.1439-0264.2008.00855.x. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2013. Consultado o 14 de decembro de 2020.