Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Chipotle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chile chipotle.

O chile chipotle[1] (tamén chamado de chilpotle, do náhuatl: chilpoctli ou xipoctli, que significa chile afumado) é un tipo de chile (pemento pequeno e picante) que se deixou madurecer até minguar, para despois ser afumado e adubado.[2]

Este produto, cuxo uso transcende o ámbito mexicano, elabórase a partir dun chile e diversos adubos e no seu estado final ten un aspecto marrón avermellado, con aroma moi picante e sabor complexo. Os chipotles pódense mercar enlatados ou a granel en moitas tendas e mercados de México. En ocasións tamén se poden conseguir recentemente preparados, usualmente en adubados con tomate e piloncillo (masa doce de cana de azucre), e en tal caso son zumentos.

Aínda que a variedade de chile máis común para facer chipotle é o xalapeño, tamén se usa o chile mora, o morita e o pasilla.[3]

O cronista Bernardino de Sahagún (misioneiro castelán do século XVI) conta que o chile afumado, chamado tamén daquela pochchilli e hoxe en día chipotle, podíase atopar no mercado de Tlatelolco, na Cidade de México, no século XVI.[2]

  1. O termo chipotle non aparece en dicionarios galegos.
  2. 2,0 2,1 Andrews, Jean (1995). Peppers: The Domesticated Capsicums (en inglés). University of Texas Press. p. 185. ISBN 9780292704671. 
  3. Miller, Mark; John Harrisson, Lois Ellen Frank (1991). The Great Chile Book (en inglés). Ten Speed Press. pp. 156. ISBN 9780898154283. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]