Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Chuck Berry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChuck Berry

(2008) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Chuck Berry
(en) Charles Edward Berry Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Charles Edward Anderson Berry Editar o valor en Wikidata
18 de outubro de 1926 Editar o valor en Wikidata
St. Louis, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte18 de marzo de 2017 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
St. Charles, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
ResidenciaThe Ville (en) Traducir
Chuck Berry House (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
RelixiónBaptismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónSumner High School and auditorium (en) Traducir
Sumner High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoRock and roll Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Nova York Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónguitarrista, compositor, gastrónomo, cantante, cantautor, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1953 Editar o valor en Wikidata - 2017 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, Blues e rock and roll Editar o valor en Wikidata
TesituraTenor Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra, Gibson ES-335 (en) Traducir, Fender Telecaster, Fender Stratocaster e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoChess Records
Atco Records
Mercury Records
Dualtone (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
CónxuxeThemetta Suggs (1948–2017), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
FillosIngrid Berry Editar o valor en Wikidata
Condenado porincumprimento fiscal (1979) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Biographical Dictionary of Afro-American and African Musicians (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina webchuckberry.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001946 Allocine: 35118 Allmovie: p81665 TCM: 15173 TV.com: people/chuck-berry IBDB: 84042
Facebook: ChuckBerry Instagram: _chuckberry MySpace: chuckberryspace Youtube: UCk0YBqtXKF9p-nfyjVoW9Cg BNE: XX842182 Spotify: 293zczrfYafIItmnmM3coR iTunes: 343170 Last fm: Chuck+Berry Musicbrainz: 592a3b6d-c42b-4567-99c9-ecf63bd66499 Songkick: 537268 Discogs: 180119 Allmusic: mn0000120521 WikiTree: Berry-7156 Find a Grave: 177489307 Deezer: 2833 Genius: Chuck-berry Editar o valor en Wikidata
Chuck Berry, You can't catch me, 1956.

Chuck Berry, nado en Saint Louis (Missouri) o 18 de outubro de 1926 e finado na mesma cidade o 18 de marzo de 2017, foi un compositor, intérprete e guitarrista norteamericano, pioneiro da música rock and roll. Berry refinou e desenvolveu o rhythm and blues elaborando os principais elementos que fixeron distintivo ao rock and roll con cancións como "Maybellene" (1955), "Roll Over Beethoven" (1956), "Rock and Roll Music" (1957) e "Johnny B. Goode" (1958). Escribiu letras que se centraban na vida adolescente e no consumismo, e desenvolveu un estilo musical que incluía solos de guitarra e teatralidade, Berry foi unha grande influencia nas posterior música rock.[1]

Nado nunha familia afroamericana de clase media, comezou a interesarse na música dende moi novo e realizou a súa primeira actuación en 1941 no Sumner High School. Mentres aínda estaba no instituto foi condenado por atraco a man armada e enviárono a un reformatorio, onde estivo de 1944 ata 1947. Tras a súa liberación Berry casou e traballou nunha fábrica de coches. A comezos de 1953, influenciado polos riffs de guitarra e as técnicas teatrais do músico de blues T-Bone Walker, Berry comezou a actuar co Johnnie Johnson Trio. A súa oportunidade chegou cando viaxou a Chicago en maio de 1955 e coñeceu a Muddy Waters, que lle suxeríu contactar con Leonard Chess, de Chess Records. Con Chess gravou "Maybellene", a adaptación de Berry da canción country "Ida Red", que vendeu máis dun millón de copias e foi número 1 da lista de rhythm and blues da revista Billboard.[2]

A finais dos anos 50 Berry era unha estrela establecida, con varias gravacións exitosas, aparicións en películas e unha lucrativa carreira de concertos. Tamén fundou o seu propio club nocturno en St. Louis, Berry's Club Bandstand.[3] Foi sentenciado a tres anos de prisión en xaneiro de 1962 por delitos contemplados na Lei Mann (transportara a unha rapaza de 14 anos dun estado a outro). Tras ser liberado en 1963, Berry creou bastantes máis éxitos como "No Particular Place to Go", "You Never Can Tell" e "Nadine". Porén, estes temas non acadaron a mesma repercusión que as súas cancións dos 50, e na década dos 70 era máis solicitado como artista nostálxico, tocando os seus vellos éxitos con bandas de apoio locais de calidade variable. En 1972 acadou un novo logro cando unha versión de "My Ding-a-Ling" converteuse na súa única gravación en chegar ao número 1 das listas. A súa insistencia en cobrar en metálico levouno catro meses á cadea e a realizar servizos sociais en 1979 por evasión de impostos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Peiteador de señoras, foi un dos pioneiros do rock and roll, na década de 1950 e 1960. Berry interpretou cancións como Roll Over Beethoven, Rock and Roll Music, Route 66 de Nat King Cole, Johnny B. Goode e Maybellene que falan de liberdade, coches, rapazas e de todo aquilo que soñaba un mozo da época e que se converten en clásicos que versionarán Elvis Presley, os Rolling Stone, The Beatles, Beach Boys e Linda Ronstadt.

En 1959 foi condenado por delito sexual a sete anos de prisión, despois volvería a ela por evasión de impostos.

Gañou un Grammy en 1984. En 1989 publicou a súa autobiografía e fixo popular o Duck Walk (paso do parrulo) durante as súas actuacións.

  1. Campbell, M. (ed.) (2008). Popular Music in America: And the Beat Goes On. 3ª ed. Cengage Learning. pp. 168-169
  2. "Chuck Berry, a Founding Father of Rock 'n' Roll, Dies at 90". Billboard. 2017-03-18. Consultado o 2020-09-17. 
  3. "Chuck Berry, a rock 'n' roll originator, dies at age 90". The Salt Lake Tribune (en inglés). Consultado o 2020-09-18. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.