Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Ciclo do carbono

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

O ciclo do carbono é un ciclo bioxeoquímico polo cal o carbono se intercambia entre a biosfera, a litosfera, a hidrosfera e a atmosfera terrestre. Os coñecementos sobre esta circulación de carbono posibilitan a apreciación da intervención humana no clima e os seus defectos sobre o cambio climático.

O carbono (C) é o cuarto elemento máis abundante no Universo, despois do hidróxeno, o helio e o osíxeno. É o piar da vida que coñecemos. Existen basicamente dúas formas de carbono: orgánica (presente nos organismos vivos e mortos e nos descompostos) e outra inorgánica, presente nas rochas.

No planeta Terra, o carbono circula a través dos océanos, da atmosfera e da superficie e o interior terrestre, nun gran ciclo bioxeoquímico. Este ciclo pode ser dividido en dous: o ciclo lento ou xeolóxico e o ciclo rápido ou biolóxico.

Adoita considerarse que este ciclo está constituído por catro reservorios principais de carbono interconectados por rutas de intercambio. Os reservorios son a atmosfera, a biosfera terrestre (que, polo xeral, inclúe sistemas de auga doce e material orgánico non vivo, como o carbono do solo), os océanos (que inclúe o carbono inorgánico disolto,os organismos marítimos e a materia non viva), e os sedimentos (que inclúen os combustibles fósiles). Os movementos anuais de carbono entre reservorios ocorren debido a varios procesos químicos, físicos, xeolóxicos e biolóxicos. O océano contén o fondo activo máis grande de carbono preto da superficie da Terra, pero a parte do océano profundo non se intercambia rapidamente coa atmosfera.

O balance global é o equilibrio entre intercambios (ingresos e perdas) de carbono entre os reservorios ou entre unha ruta do ciclo específica (por exemplo, atmosfera-biosfera). Un exame do balance de carbono dun fondo ou reservorio pode proporcionar información sobre se funciona como unha fonte ou un almacén para o dióxido de carbono.