Ciencia básica
Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
A ciencia básica, investigación básica ou investigación fundamental (moitas veces identificada coa ciencia pura, concepto que pode ter, porén, outros significados), é a ciencia ou investigación que se leva a cabo sen fins prácticos inmediatos, senón coa finalidade de incrementar o coñecemento dos principios fundamentais da natureza ou da realidade por si mesma.
Ao non producir beneficios inmediatos (económicos ou sociais), podería ser vista como un simple exercicio de curiosidade (que en realidade é unha cualidade humana básica e unha das razóns esenciais da actividade científica de todos os tempos). Con todo, nun prazo de tempo maior ou menor os resultados da investigación básica encontran aplicacións prácticas, en forma de desenvolvementos comerciais, novas técnicas ou procedementos na produción ou as comunicacións, ou noutras formas de beneficio social e dos coñecementos.
A relación entre a ciencia básica e a ciencia aplicada (que é o seu concepto oposto) é crucial para a interrelación denominada "investigación e desenvolvemento" (I+D) ou "investigación, desenvlvemento e innovación" (I+D+i), obxecto dos estudos de ciencia, tecnoloxía e sociedade (CTS).
A investigación básica lévase a cabo sobre todo nas universidades.