Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Claire Foy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaClaire Foy

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de abril de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Stockport, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
ResidenciaManchester
Leeds
Longwick (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónLiverpool John Moores University (en) Traducir
Aylesbury High School (en) Traducir
Oxford School of Drama (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz, actriz de teatro, modelo, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeStephen Campbell Moore (2014–2018), separación de feito Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2946516 Allocine: 237001 Rottentomatoes: celebrity/claire_foy Allmovie: p605973 Metacritic: person/claire-foy TV.com: people/claire-foy BNE: XX5810455 Editar o valor en Wikidata

Claire Elizabeth Foy, nada en Stockport, Gran Manchester, o 16 de abril de 1984, é unha actriz británica. É coñecida por interpretar a raíña Isabel II de Inglaterra na serie The Crown de Netflix, papel que lle rendeu aclamación e recoñecemento internacional, e que lle valeu un Primetime Emmy,[1] un Globo de Ouro[2] e dous premios Screen Actors Guild, alén de outros premios e nomeamentos.

Claire tamén interpretou os papeis de Ana Bolena na miniserie Wolf Hall, de Lisbeth Salander en The Girl in the Spider's Web [3] da serie Millenium, e de Janet Shearon, esposa do astronauta Neil Armstrong no filme First Man, polos que foi nomeada ao Globo de Ouro, BAFTA e os Critics' Choice Awards,[4] [5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

A súa nai, Carolina, traballa nunha empresa farmacéutica e o seu pai, David Foy, é consultor de vendas.[6] Creceu en Manchester e Leeds e é a máis nova de tres fillos. Os seus pais divorciáronse cando ela tiña oito anos.[7]

Asistiu á escola feminina Aylesbury High School desde os doce anos e despois ingresou na Universidade John Moores de Liverpool, onde estudou Arte Dramática e Cine. Despois da graduación, fixo un curso de interpretación na Oxford School of Drama.[8]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Ao rematar os seus estudos en Liverpool e Oxford trasladouse a Peckham, Londres, onde viviu con cinco amigas da universidade.[9]

Foy casou co actor Stephen Campbell Moore, co que ten unha filla nacida en marzo de 2015.[10] Separáronse en 2018.[11]

Mentres estudaba en Oxford participou en diversas obras de teatro. Após debutar na televisión en 2008 na serie Being Human, participou nas pezas de teatro ADN e The miracle, parte dunha triloxía do director Paul Miller no National Theatre. Claire tivo o seu primeiro papel protagonista nunha serie na adaptación da BBC da novela Little Dorrit de Charles Dickens, polo que foi nomeada a un premio RTS.

Nos anos seguintes, participou en series e telemovies británicas como 10 Minute Takes, Going Postal, Pulse e Upstairs, Downstairs. En 2011, debutou no cinema, con Season of the Witch, protagonizada por Nicolas Cage. Ese ano tamén foi unha das protagonistas do filme independente Wreckers, xunto a Benedict Cumberbatch. Ao ano seguinte, volveu ao teatro para interpretar o papel de Lady Macbeth xunto a James McAvoy, quen interpretou a Macbeth na obra homónima.

En 2014, interpretou papeis nas películas Vampire Academy e no debut como director de Jon Stewart, Rosewater, onde interpreta o papel da esposa de Maziar Bahari, interpretado por Gael García Bernal. Ao ano seguinte, interpretou a Ana Bolena na miniserie Wolf Hall da BBC Two. A miniserie, protagonizada por Mark Rylance, gañou o Globo de Ouro á mellor miniserie ou telefilme e o BAFTA á mellor serie dramática. En 2015, participou no filme The Lady in the Van, protagonizado por Maggie Smith.

En 2016, protagonizou o seu proxecto máis destacado: a serie The Crown, emitida en Netflix, interpretando o papel da raíña antes de asumir o trono e nos primeiros anos do seu reinado.[12] [13]

A aclamación que obtivo o seu papel en The Crown abriulle a porta a máis proxectos. En 2018 protagonizou películas como Unsane de Steven Soderbergh, sobre unha muller ingresada involuntariamente nun asilo, filmada integramente cun iPhone e First Man de Damien Chazelle, sobre a vida de Neil Armstrong, interpretado por Ryan Gosling. Nese mesmo ano interpretou a Lisbeth Salander en The Girl in the Spider's Web, a segunda película das adaptacións estadounidenses da serie Millenium de Stieg Larsson.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Claire Foy en 2017.
Ano Título Papel Notas
2011 Season of the Witch Bruxa/Anna
Wreckers Dawn
Vivaldi Julietta
2014 Vampire Academy: Blood Sisters Sonya Karp
Rosewater Paola
2017 Breathe Diana Cavendish
2018 Unsane Sawyer Valentini
First Man Janet Armstrong Indicada

· BAFTA
· Critics' Choice Movie Award
· Globo de Ouro
· Satellite Award
The Girl in the Spider's Web Lisbeth Salander
2021 The Electrical Life of Louis Wain Emily Richardson-Wain
My Son Joan Richmond
2022 Women Talking Salome

Televisión

[editar | editar a fonte]
Ano Título Papel Notas
2008 Being Human Julia Episodio: "Piloto"
Doctors Chloe Webster Episódio: "The Party's Over"
Little Dorrit Amy Dorrit 14 episodios
2009 10 Minute Tales Muller Episodio: "Through the Window"
2010 Going Postal Adora Belle Dearheart Filme de TV
Pulse Hannah Carter Filme de TV
Upstairs, Downstairs Lady Persie 3 episodios
2010–2011 The Promise Erin Matthews 4 episodios
2011 The Night Watch Helen Filme de TV
2012 Hacks Kate Loy Filme de TV
2015 Wolf Hall Ana Bolena 6 episodios
2016–2023 The Crown Raiña Elizabeth II Protagonista, na 1ª e 2ª temporada.

Só en flashbacks a partir da 3ª.

  1. "Claire Foy Crowned With Drama Actress Emmy". Variety.com (en inglés). 2018-09-17. 
  2. "Golden Globes 2017: The Crown’s Claire Foy Wins Best Actress in a TV Series, Drama". PEOPLE.com (en inglés). 2017-01-09. 
  3. "Claire Foy Looks Nothing Like Herself in The Girl In The Spider’s Web Trailer". harpersbazaar.com (en inglés). 2018-06-07. 
  4. "Last laugh for Wolf Hall as it wins best lighting Bafta nomination". Telegraph.co.uk (en inglés). 
  5. Norwin, Alyssa (2016-09-27). "Claire Foy: 5 Things To Know About Actress Playing Queen Elizabeth II In ‘The Crown’". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2017. Consultado o 2017-04-24. 
  6. "Actress Claire Foy: 'It would be terrible to be turned into a paparazzi person'". Mail Online. 
  7. "A class act: Claire Foy on criticism, tumours and embarrassing sex". The Independent (en inglés). 2012-02-18. 
  8. Saner, Emine (2015-08-21). "Claire Foy: an actor bringing a subtle talent to majestic roles". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-09-22. 
  9. "Little Claire Foy". Evening Standard (en inglés). 2008-11-24. 
  10. "The Crown star Claire Foy on playing the biggest role of her career". Marie Claire (en inglés). 2016-11-04. 
  11. "The Crown's Claire Foy Separates from Her Husband After 4 Years of Marriage". PEOPLE.com (en inglés). 
  12. "Netflix's The Crown is the most expensive TV series ever". The Independent (en inglés). 2016-11-02. 
  13. "Golden Globes: 'The Crown' Wins Best TV Series, Drama". The Hollywood Reporter (en inglés). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]