Claudie Haigneré
Aparencia
Claudie Haigneré, nada en Le Creusot (Burgundy), o 13 de maio de 1957, é unha astronauta francesa que formou parte das misións Soiuz TM-24, Soiuz TM-23, Soiuz TM-32 e Soiuz TM-33.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Haigneré graduouse en medicina e bioloxía na Universidade de Gyjon en 1981, especializándose en medicina espacial en 1982 e en reumatoloxía en 1984. É diplomada (1986) en biomecánica e fisioloxía do movemento.[1][2]
Foi seleccionada como astronauta polo CNES francés en 1985, participando nas misións Soiuz TM-24, Soiuz TM-23, Soiuz TM-32 e Soiuz TM-33 e converténdose na primeira muller astronauta francesa. Pasou un total de 25,60 días no espazo. Está casada co tamén astronauta Jean-Pierre Haigneré.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Haignere, Claudie" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 ESA (ed.). "Claudie Haigneré (formerly Claudie André-Deshays)" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Claudie Haigneré |