Claudio Rodríguez Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 Teis, España |
Morte | abril de 1951 (37/38 anos) Lavadores, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Outros nomes | Crispín Penis |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Claudio Rodríguez Vázquez,[1] coñecido como Crispín ou Penís, nado en Teis (Vigo) en 1913 e finado en Lavadores en abril de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante do PCE. Non se presentou a filas cando foi chamado o seu reemprazo e uniuse ao grupo de José e Rogelio García Morales, os Maletas, activo desde 1938 entre Redondela e Vigo. Presentouse ante o gobernador civil Manuel Gómez Cantos en 1939 atraído pola promesa de amnistía. A principios de 1940 participou na reorganización do PCE. Pola presión policial botouse ao monte en novembro de 1945. Foi membro do destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, baixo o mando de Manuel Simón Campos. Acusado de participar no asasinato do veciño de Beade Manuel Leirós Pérez o 26 de xaneiro de 1946. O 14 de outubro de 1946 participou no asalto en Vilatuxe a oito ómnibus que se dirixían á feira da Bandeira.[2] Despois da morte dos líderes Manuel Simón Campos e Avelino Otero Montes, o 21 de maio de 1947, os guerrilleiros sobreviventes dispersáronse. Foi reclamado mediante requisitoria polo Xulgado Militar de Vigo en agosto de 1947 como encartado na causa 271/47, xunto con Víctor García García, Miguel Nicolás Esperante, Manuel Álvarez Díaz, Basilio Calvar Solla, Estanislao Cantero Izquierdo e Eugenio Rueda Perosanz.[3] A principios dos anos cincuenta foi localizado pola Garda Civil en Lavadores. Foi morto pola Garda Civil en abril de 1951.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nalgunha fontes o seu nome aparece como Claudino.
- ↑ O asalto guerrilleiro da Saborida
- ↑ El Pueblo Gallego, 9-8-1947, p. 2.
- ↑ "Muerte de un audaz bandolero", El Pueblo Gallego, 10-4-1951, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. p. 504. ISBN 84-89599-33-5.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 123. ISBN 84-8485-231-8.