Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Cleantes de Aso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCleantes de Aso

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento331 a. C. Editar o valor en Wikidata
Aso, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte232 a. C. Editar o valor en Wikidata (98/99 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
Scholarch of the Stoic school (en) Traducir
262 a. C. – 230 a. C.
← Zenón de CitioCrisipo de Soli → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo, pugilist (en) Traducir, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor en Wikidata
MovementoEstoicismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresZenón de Citio e Crates de Tebas Editar o valor en Wikidata
AlumnosCrisipo de Soli e Sphaerus (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deporteboxeo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
The Nuttall Encyclopædia >>>:Cleanthes Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1189205 Discogs: 1444461 Editar o valor en Wikidata

Cleantes de Aso (en grego orixinal Κλεάνθης) nado en Aso, Tróade, entre o -330 e o -300 e finado en -232, foi un filósofo da escola estoica e discípulo e sucesor de Zenón de Citio (-333 - -254)

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De humildísima orixe, non foi senón até os 50 anos que puido estudar filosofía. Até esa idade tivo que gañarse a vida como púxil, pasando logo a Atenas, onde foi labrego e carrexador, cargando pesadas rocas con auga para un xardineiro. Entrou entón na escola de Zenón, chamada simplemente Pórtico, e á morte deste no -264 foi o seu sucesor, dirixíndoa ata que morreu moitos anos despois, xa con 99 de idade. Rexeitou a cidadanía ateniense para non agraviar ao seu lugar natal. Unha fundada tradición afirma que, do mesmo xeito que o seu mestre, deixouse morrer de fame. Moi fiel á doutrina do seu mestre, polemizou non só cos platónicos, os escépticos e os epicúreos, senón co seu correlixionario estoico Crisipo, que foi, con todo, o seu sucesor. O rigor da súa conduta non lle impediu ler os poetas, aos que interpretou arbitrariamente, nin cultivar a poesía, que considerou indispensábel xunto á música para render culto aos deuses e como prezada axuda para intuír o divino (Filodemo, De música, 28, 1)

Entre os seus discípulos atópase Crisipo. Segundo Dióxenes Laercio, dividiu a filosofía en seis partes: dialéctica, retórica, ética, política, física e teoloxía, aumentando as tres que fixera Zenón.

Sabemos algo das súas ideas por Dióxenes Laercio e por Ario Dídimo, quen escribiu sobre el en tempos de Octavio:

  • Propuña vivir de acordo coa Natureza, porque así se obra correctamente.
  • Cando isto ocorre, cando as obras son as correctas, é a virtude.
  • A saúde e as riquezas son benvidas, pero tamén prescindíbeis.
Zeus, príncipe e amo da Natureza, é a ti a quen obedece todo este universo que xira arredor da terra.

Pois continuou a filosofía de Zenón en canto á física ou o vivir de "acordo á natureza", a natureza entendida como a humana.

Ti dirixes con rectitude a razón común que penetra todas as cousas.

Tras a súa morte, o senado romano erixiu unha estatua na súa honra en Aso.

Dióxenes Laercio relata a súa morte do modo seguinte: Afectoulle unha enfermidade nas enxivas, de forma que os médicos lle aconsellaron non comer nada. Aos dous días as enxivas sandaran, así que os galenos dixéronlle que xa podía volver comer como adoitaba. Con todo, Cleantes repuxo que xa levaba moito camiño realizado e non volveu comer ata que morreu, pouco despois.

Filosofía

[editar | editar a fonte]

Nos fragmentarios escritos que sobreviven de Cleantes podemos apreciar a súa grande atención no papel da Divindade no mundo, identificando por igual que o que actúa virtuosamente actúa conforme aos designios da Divindade porque esta “impregna o universo”[1]. E, do mesmo xeito que o seu mestre Zenón, asegura que “o fin é vivir de acordo á natureza”[2]. Un cambio de énfase deste filósofo con respecto a Zenón parece radicar en que puxo maior atención e esforzo en argumentar e xustificar a repulsión ao Pracer. Aludindo -alegoricamente- que a posición hedonista do epicureísmo, aínda que non repudiase a virtude, era como unha situación onde as Virtudes debían de estar ao servizo do Pracer. Coma se a virtude consistise tamén en orientar ao Pracer e evitar que este cometese excesos, prexuízos á xente, insultos ás leis ou costumes, e coidalo para que non se perda[3]. O referido é unha maneira moi “estoica” de ver as cousas referentes ás virtudes. En contraste, nas proposicións de Zenón non atopamos un ataque claro e directo contra o encumbramento do Pracer, quizais só se concretou en catalogalo como un indiferente.

A diferenza doutros estoicos, como o seu discípulo Crisipo, Cleantes só recoñece unha Natureza, a universal, negando que houbese unha natureza “particular do home”[4]. Esta diferenza non é trivial pois pode carrexar problemáticas ao sistema estoico en xeral, porque se hai unha división entre a Natureza universal e a natureza humana como refire Crisipo, entón podería haber actos que puidesen ser coherentes coa Natureza universal pero non coa natureza humana, e viceversa.

A posición de Cleantes de recoñecer só á Natureza universal provén daquela énfase que puxo en subliñar o papel da Divindade-Zeus no desenvolvemento do cosmos na súa totalidade. Porque identificaba plenamente á Natureza coa Divindade, coa Providencia, co Destino e con Zeus, e nada, absolutamente nada, acontecía sen a vontade e a aquiescencia da Natureza-Destino-Providencia. Séneca fainos referencia a iso nuns versos de Cleantes:

Condúceme, oh padre, e señor do excelso polo,
A onde che praza; non hai demora ningunha en te obedecer.
Fágome presente sen preguiza. Fai que non queira: heiche seguir chorando,
e sufrirei como malo o que podía sufrir como bo.
Os fados conducen ao que quere; arrastran ao que non quere.

  1. Tertuliano. Los estoicos antiguos. Gredos. 
  2. Estobeo. Los estoicos antiguos. Gredos. 
  3. Cicerón/ Agustín de Hipona. Los estoicos antiguos. Gredos. 
  4. Diógenes Laercio. Los estoicos antiguos. Gredos. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]