Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Clorose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clorose en millo (exemplar esquerdo).

A clorose é, en fitopatoloxía, unha enfermidade, ou condición fisiolóxica anormal das plantas, que se manifesta pola cor amarela que adquiren as follas, debido á destrución da clorofila por irregularidades nas funcións de nutrición[1]. Cando isto ocorre, as follas non teñen a cor normal averdada senón dun verde pálido, amarela, amarela esbrancuxada.[2] As plantas afectadas teñen diminuída a súa capacidade de formar carbohidratos e poden morrer se a causa da súa insuficiencia clorofílica non é tratada. Deficiencias específicas de nutrientes (frecuentemente agravadas por un alto nivel de pH) producen clorose, que podería corrixirse suplementando con ferro, magnesio e azote en varias combinacións.[3] Tamén pode deberse a un exceso de calcio. Algúns pesticidas, particularmente herbicidas, poden causar clorose, tanto ás malas herbas como ocasionalmente aos cultivos tratados.

Tamén pode deberse a un exceso ou defecto de rega, a parasitos varios, doenzas infecciosas (como a tristeza dos cítricos) ou a toparnos solos compactos ou plantacións a demasiada profundidade.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]