Clostridia
Clostridia | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Clostridium botulinum | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Ordes | |||||||
Sinonimia | |||||||
|
Os Clostridia son unha clase moi polifilética de Bacillota (ou Firmicutes), que inclúe o importante xénero Clostridium. Distínguense dos Bacilli pola falta de respiración aerobia. De feito, son anaerobios obrigados e o oxíxeno é tóxico para eles. As especies da clase Clostridia adoitan ser grampositivas (pero non todos, ver Halanaerobium) e teñen a capacidade de formar esporas.[1] Os estudos mostran que non son un grupo monofilético e as súas relacións non son totalmente seguras. Actualmente, a maioría están situados na orde Clostridiales, pero este non é un grupo natural e é probable que se redefina no futuro.
A maioría das especies do xénero Clostridium son organismos saprófitos que fermentan polisacáridos de plantas [2] e encóntranse en moitos lugres no ambiente, especialmente no solo. Porén, o xénero contén algúns patóxenos humanos (sinalados máis abaixo). As toxinas producidas por certos membros do xénero Clostridium están entre os máis perigosos coñecidos. Exemplos destas toxinas son a toxina tetánica (tetanospasmina) producida por C. tetani e a toxina botúlica producida por C. botulinum. Algunhas especies foron illadas de mulleres con vaxinose bacteriana.[3]
Especies
[editar | editar a fonte]Exemplos de especies notables desta clase son:
- Clostridium perfringens (gangrena, intoxicación alimentaria)
- Clostridioides difficile (colite pseudomembranosa)
- Clostridium tetani (tétano)
- Clostridium botulinum (botulismo)
- Clostridium acetobutylicum (fermentación acetona-butanol-etanol ou proceso ABE)
- Clostridium haemolyticum
- Clostridium novyi (gangrena gasosa, hepatite necrótica infecciosa)
- Clostridium phytofermentans (fermentación de biomasa)
As heliobacterias e Christensenella son tamén membros da clase Clostridia.
Algúns dos encimas producidos por este grupo utilízanse en biorremediación.
Filoxenia
[editar | editar a fonte]A taxonomía actualmente aceptada deste grupo está baseada na LPSN[4] e no NCBI.[5]
baseado no ARNr 16S de LTP_01_2022[6][7][8] | GTDB 07-RS207 de Genome Taxonomy Database[9][10][11] | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
♦ "Clostridiia" parafiléticos |
|
Epidemioloxía
[editar | editar a fonte]Como se encontran normalmente en solos e na microbiota humana e animal, as feridas infectadas e outras infeccións por Clostridia danse por todo o mundo. As defensas do hóspede contra o microbio son case inexistentes e hai tamén moi pouca ou ningunha inmunidade innata que funcione contra eles. Os Clostridia poden diagnosticarse recoñecendo as características da lesión da infección, xunto coa tinguidura de Gram dos tecidos e cultivos bacterianos.[1] Trátanse con antibióticos, como a penicilina e o desbridamento dos tecidos en casos graves, por exemplo na gangrena.[12]
Os Clostridia e a saúde intestinal e mental
[editar | editar a fonte]Os Clostridia atópanse comunmente no microbioma intestinal. O exceso de uso dos antibióticos pode causar o desequilibrio do microbioma intestinal, o que produce o sobrecrecemento da especie Clostridioides difficile, causando unha grave infección.[13] Os efectos desta infección poden orixinar diarrea grave e tamén o incremento na gravidade de moitas enfermidades relacionadas co intestino tamén se incrementa como resultado da infección. Outras bacterias da clase Clostridia do intestino foron ligadas a problemas coa conectividade do cerebro e ao seu correcto funcionamento.[14] Os pacientes que foron sometidos a transplantes de microbioma fecal para tratar a súa infección por Clostridia experimentaron melloras no seu estado de ánimo e enfermidades mentais, segundo un estudo preliminar.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Baron, Samuel (1996). Medical Microbiology (4th ed.). Galveston: Universirt of Texas Medical Branch. ISBN 0-9631172-1-1.
- ↑ Boutard, Magali; Cerisy, Tristan; Nogue, Pierre-Yves (2014). "Functional diversity of carbohydrate-active enzymes enabling a bacterium to ferment plant biomass". PLOS Genetics 10 (11): e1004773. PMC 4230839. PMID 25393313. doi:10.1371/journal.pgen.1004773.
- ↑ Africa, Charlene; Nel, Janske; Stemmet, Megan (2014). "Anaerobes and Bacterial Vaginosis in Pregnancy: Virulence Factors Contributing to Vaginal Colonisation". International Journal of Environmental Research and Public Health 11 (7): 6979–7000. ISSN 1660-4601. PMC 4113856. PMID 25014248. doi:10.3390/ijerph110706979.
- ↑ J. P. Euzéby. "Clostridia". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN). Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ Sayers; et al. "Clostridia". National Center for Biotechnology Information (NCBI) taxonomy database. Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "The LTP". Consultado o 20 June 2022.
- ↑ "LTP_all tree in newick format". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2022. Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "LTP_01_2022 Release Notes" (PDF). Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "GTDB release 07-RS207". Genome Taxonomy Database. Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "bac120_r207.sp_labels". Genome Taxonomy Database. Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "Taxon History". Genome Taxonomy Database. Consultado o 20 de xuño de 2022.
- ↑ "Gangrene – Treatment". NHS.
- ↑ 13,0 13,1 Jalanka, J.; Hillamaa, A.; Satokari, R.; Mattila, E.; Anttila, V.-J.; Arkkila, P. (2018). "The long-term effects of faecal microbiota transplantation for gastrointestinal symptoms and general health in patients with recurrent Clostridium difficile infection". Alimentary Pharmacology & Therapeutics (en inglés) 47 (3): 371–379. ISSN 1365-2036. PMID 29226561. doi:10.1111/apt.14443.
- ↑ Labus, Jennifer S.; Hsiao, Elaine; Tap, Julien; Derrien, Muriel; Gupta, Arpana; Le Nevé, Boris; Brazeilles, Rémi; Grinsvall, Cecilia; Ohman, Lena; Törnblom, Hans; Tillisch, Kirsten; Simren, Magnus; Mayer, Emeran A. (2017). "Clostridia from the Gut Microbiome are Associated with Brain Functional Connectivity and Evoked Symptoms in IBS". Gastroenterology 152 (5): S40. doi:10.1016/S0016-5085(17)30496-1.