O Boiro fundouse no ano 1966 e o seu primeiro presidente foi Manuel Barcala. Disputou unha tempada na Segunda División B (2016-17), mais descendeu por problemas económicos.[1] En 2018 fíxose cargo da presidencia Changui,[2] mais deixou o cargo en 2020.[3] O equipo clasificouse para a primeira ronda da Copa do Rei 2023-24 contra o RCD Mallorca.