Club Esportiu Europa
Europa | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Club Esportiu Europa | |||
Alcume(s) | Escapulats, europeistes | |||
Fundación | 5 de xuño de 1907 (117 anos) | |||
Estadio | Nou Sardenya, Barcelona, España | |||
Inauguración | 1940 | |||
Capacidade | 7.000 | |||
Presidente | Hèctor Ibar | |||
Adestrador | Ignasi Senabre | |||
Liga | Segunda RFEF – Grupo 3 | |||
Vestimenta | Adidas | |||
Patrocinador | Clínica Remei | |||
Na rede | ||||
http://www.ceeuropa.cat | ||||
| ||||
O Club Esportiu Europa é un club polideportivo español do histórico barrio de Gràcia de Barcelona, fundado en 1907. Ten seccións de fútbol, baloncesto, fútbol sala e fútbol feminino.
É fundamentalmente coñecido polo seu primeiro equipo de fútbol, que actualmente compite na Terceira División, aínda que en 1928 tivo a honra de ser un dos dez clubs que fundou a Liga española de fútbol, militando tres tempadas na Primeira división española, e en 1923 foi finalista da Copa do Rei, caendo derrotado na final por un gol a cero. Ademais, o Europa ostenta tres títulos da Copa Cataluña, conseguidos en 1923, 1997 e 1998.
O Europa tamén pasou á historia por ser o anfitrión e gañador do primeiro partido de baloncesto que se disputou en España: foi o 8 de decembro de 1922, e o Europa venceu ao Laietà BC por 8 a 2. O club graciense foi un dos mellores equipos de baloncesto de Cataluña durante os anos 20 e 30.
Uniforme
[editar | editar a fonte]Inicialmente o Europa vestiu con uniforme a raias verticais azuis e brancas. O tradicional escapulario non se adoptou ata 1929, con motivo da súa primeira tempada en Primeira división.
- Uniforme titular: Camiseta branca con escapulario azul, pantalón azul e medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camiseta azul con escapulario branco, pantalón branco, medias azuis.
- Terceiro uniforme: Camiseta laranxa con escapulario branco, pantalón negro, medias laranxas.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Nou Sardenya.
O CE Europa xoga os seus partidos no Nou Sardenya, estadio construído en 1995 sobre o antigo Sardenya, orixinalmente edificado en 1940. O recinto está situado no barrio de Gràcia, entre as rúas Sardenya, Camèlies e Secretari Coloma. Ten capacidade para 7.000 persoas, céspede artificial homologado pola FIFA e unhas dimensións de 100 x 63 metros.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 3
- Tempadas en 2ª: 6
- Tempadas en 2ªB: 1
- Tempadas en 3ª: 50 (Incluída a 2013/14)
- Mellor posto na liga: 8º (1ª División tempada 1928-29)
- Peor posto na liga: 10º (1ª División tempada 1930-31)
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos rexionais
[editar | editar a fonte]- Campionato rexional de Cataluña (1): 1923
- Copa Catalunya (3): 1997, 1998, 2015
Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Subcampión da Copa de España (1): 1923
- Terceira División de España (2): 1961-62, 1962-63
- Subcampión da Terceira División (1): 1995-96
Outros premios
[editar | editar a fonte]- Placa de Prata da "Real Orden al Mérito Deportivo Español", en 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en catalán)
- Web de hinchas (en catalán)