Coches de choque
Os coches de choque (bumper cars en inglés) son un tipo de atracción mecánica que consiste en varios carriños ou automóbiles eléctricos pequenos que obteñen a enerxía da superficie e o teito do escenario. Acéndense e apáganse remotamente por un operador. Estes carriños están protexidos por medio dunha grosa fita de goma protectora que lles permite bater entre eles. O seu inventor foi Victor Levand, que traballaba para a General Electric.[1]
A potencia subminístrase habitualmente por un de dous métodos:
- O método máis antigo e común utiliza unha superficie e un teito condutores, cada un cunha polaridade de alimentación independente. Os contactos baixo do vehículo tocan o chan mentres que un pau de contacto montado no carro toca o teito, formando un circuíto electrónico completo.
- Un novo método utiliza fitas alternas de metal na superficie separadas por espazadores illantes, sen a reixa do teito. As fitas alternas levan a corrente de alimentación e os carros son grandes de abondo para que a carrozaría do vehículo sempre poida cubrir polo menos dúas fitas nun intre dado. Un conxunto de cepillos por baixo de cada carriño fai contacto ao chou co que estea baixo da fita e a polaridade da tensión en cada contacto é separada para proporcionar sempre un circuíto correcto e completo para operar o vehículo.
A superficie de metal, xeralmente, configúrase coma unha pista rectangular ou ovalada e se asperxe grafito no chan para diminuír a fricción. Un parachoques de goma arrodea cada vehículo, e os condutores baten entre si a medida que se trasladan.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Pintura decorativa de coches de choque.
-
Coches de choque en Taunuswunderland.
-
Coches de choque en Frankfurt.
-
Coches de choque en movemento no Royal Adelaide Show.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lusse Auto Scooters, LLC. "Bumping Down Memory Lane: The Lusse Legacy" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2013.