Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Cochinita pibil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cochinita pibil

Prato de cochinita pibil.
Outros nomes Píibi’k’éek’en
Tipo Guiso en forno de terra
Orixe Península do Iucatán, México
Gastronomía Gastronomía de México
Ingredientes
Orixe animal Carne de porco
Orixe vexetal Achiote
Laranxa aceda
Folla de plátano
Cebola vermella

A cochinita pibil (en maia iucateco: píibi’k’éek’en) é un guiso correspondente á gastronomía do Iucatán,[1] que se basea en carne de porco adobada en achiote, envolta en folla de plátano e cocida dentro dun forno de terra usando unha técnica prehispánica coñecida como píib. Segundo receitas de comezos de 1900, o porco enteiro (eviscerado e co pelo queimado) era cocido no forno de terra.[2] A cochinita pibil acompáñase con cebola morada en laranxa aceda e chile habaneiro, moi común na rexión.

Adóitase preparala como ofrenda en importantes celebracións como o Día dos Mortos, coñecido en maia como Hanal Pixán.

Sábese polos códigos dos primeiros exploradores, que nun inicio utilizábase carne de faisán, xabaril ou veado e cocíase no forno de terra chamado pib. Coa conquista española substituíuse esa carne pola de porco.

Proceso de envoltura e atado con folla de plátano.

A palabra maia pibil refírese xenericamente a un alimento que foi preparado nun forno de terra coñecido como pib (lingua maia). Esta é unha técnica prehispánica na que orixinalmente se cociñaban pecarís, veados e diversos faisánidos abondosos na zona maia.[3]

Tradicionalmente, un pib faise escarbando un furado rectangular na terra, onde se fai arder leña seca (usualmente de madeira catzín ou chuk'um) até obter brasas. Sobre estas brasas colócanse pedras planas e no momento en que estas se quentan, colócase o guiso a cociñar, para despois cubrir todo con ramas, unha lámina metálica de zinc e por último unha capa de terra, procedemento que sela o forno, evitando que escapen os líquidos e vapores da cocción.

No caso específico da cochinita pibil, a carne de porco (unha vez condimentada) é depositada nun recipiente metálico rectangular (coñecido localmente como "lata") sobre unha cama de follas de plátano previamente asadas, as mesmas que serven para envolver o guiso a enterrar. O tempo de cocción varía coa cantidade de carne e o tamaño do pib, pero usualmente ao cabo de 3 ou 3 horas o prato xa está listo.[4]

Por tradición, este prato consómese na península do Iucatán os domingos nas mañás e os días festivos.

  1. "Cochinita Pibil,Delicacy" (en castelán). Consultado o 12 de xullo de 2017. 
  2. www.comida-mexicana.org -- Iniciativa para la preservación de las recetas tradicionales de México (en castelán)
  3. La historia de la cochinita pibil - noticieros televisa [1] (en castelán)
  4. El Pib y Lo Pibil - Yucatán Today [2]